Pouco a pouco seguimos a traervos as últimas incorporacións á nosa biblioteca. Esperamos que vos gusten!
25N
Esta semana celebraremos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a muller. Nestas últimas semanas o alumnado do centro participou nuns obradoiros sobre igualdade e nos que cada neno e nena pintou unha camiseta con lemas sobre a mesma. Esa camiseta vestirémola todos o xoves 25 e todos, Infantil, Primaria, Secundaria e profesorado, sairemos ao patio para unha actividade conxunta na que queremos visibilizar o noso rexeitamento da violencia e loita pola igualdade.
Ao longo da xornada o alumando de Infantil e Primaria baixará por turnos á biblioteca para a visualización dunhas curtas sobre a igualdade. O alumnado de Secundaria visualizará as curtas na aula de audiovisuais e contarán coa presenza de Xián, guionista e protagonista das mesmas e exalumno do noso centro, polo cal estamos moi agradecidas.
Estas serán as curtas que visualizaremos:
Infantil, 1º e 2º
Al ratoncito diminuto le hacen bullyng
3º e 4º de Primaria
5º, 6º, e toda a Secundaria:
Metamorfose: Curta realizada a partir do relato de Xián Barreiro e gañador de concurso de microrrelatos Suprime o Control da Deputación de A Coruña 2017.
Videoconferencia Sonia Villapol
Esta semana, dentro das actividade do Mes da ciencia en galego, o alumnado de Secundaria gozou da conferencia "O que aprendemos da pandemia", impartida por Sonia Villapol, científica galega e divulgativa que desenvolve o seu labor no centro Médico de Texas (Houston, EEUU) e que forma parte do equipo de Investigación Internacional da COVID-19.
Cumpríase un ano da asistecia á videoconferencia impartida por ela mesma e titulada "Só a ciencia nos rescatará da pandemia, na que compartiu connosco un enfoque científico dos conceptos básicos da COVID-19, como se transmite, efectos, tratamentos e vacinas. Nese momento os científicos e científicas aínda investigaban en torno á vacina, daquela en fase de exprerimentación. A día de hoxe, coa maioría da poboación xa vacinada, tentou darnos unha visión actual da situación, desde o punto de vista da ciencia.
Radio na biblio. The Kid
Temos novo programa de radio! Nesta ocasión é o alumnado de 3º de primaria o que nos comparte o seu programa sobre a película "The kid" de Charles Chaplin. Esperamos que o desfrutedes!
Cogomelos
Un ano máis, dentro do Mes da ciencia en galego, o alumnado de Secundaria gozaron dunha xornada micolóxica. Este curso contaron coa presenza de Cecilia, antiga profesora do centro, quen compartiu con eles a súa sabedoría sobre os cogomelos, acompándoos nunha saída na que recolleron toda clase de fungos que despois clasificaron para a súa exposición. Moitas grazas, Cecilia por esta interesante xornada!
Os volcáns
Dentro do Mes da Ciencia en galego e co gallo da erupción do volcán d´A Palma, o alumnado de 5º, 6º de Infantil e o de 5º e 6º de primaria estivo traballando sobre os volcáns. Para rematar as súas investigacións, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria realizaron uns experimentos nos que viron o funcionamento das erupcións para despois compartir os seus coñecementos co alumnado de Infantil así como o resultado dos seus experimentos. Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos!
Radio na biblio. Asolagados
Aquí vos deixamos o primeiro programa de radio Locutoura do curso 2021/2022! Como xa indicamos nunha entrada anterior, o alumnado de 5º e 6º de primaria estivo a traballar sobre o documental "Asolagados" de David Vázquez. Neste programa cóntannos as súas experiencias co documental, as súas vivencias durante a excursión aos lugares protagonistas do mesmo e dúas entrevistas do máis interesante, todo iso animado por unha música moi especial. Animámosvos a escoitalo, merece moito a pena!
Asolagados
Comezamos a mostrarvos os proxectos das distintas clases co fío do cine. Hoxe queremos compartir o traballo do alumnado de 5º e 6º de primaria en torno ao documental "Asolagados" do director David Vázquez. Unha vez visto o documental e traballado distintos aspectos do mesmo para a realización do programa de radio sobre o mesmo, os mestres de 5º e 6º organizaron unha excursión ao encoro de Belesar, Portomarín e Castro Candaz co fin de ampliar a formación do alumnado e recompilar datos para o programa de radio xa mencionado. Fran, mestre de 5º de primaria preparou ademais, un reto con 10 enigmas que os alumnos e alumnas debían resolver e que se recollen no seguinte enlace:
Excursión Belesar, Portomarín e Castro Candaz.
Foi unha gran xornada para tod@s!