Integrada a actividade dentro da iniciativa Bota a lingua a pacer do EDNL para as Letras Galegas, as profesoras de Infantil animáronse a traballar co seu alumnado unhas frases moi ao xeito co proxecto deste ano dos sentidos. E así de bonitiñas quedaron...
Esta mañá tivemos a xuntanza no club de lectura de 3º e 4º co escritor Héctor Cajaraville. Falounos da súa obra, da súa traxectoria como escritor, da evolución do seu xeito de narrar; respondeu tamén ás cuestións plantexadas polo alumnado en torno a O segredo da casa de Formosa; visitou a biblioteca, firmou no Libro de visitas... Un encontro moi agradable e enriquecedor.
Grazas desde aquí ao autor pola súa amabilidade e xenerosidade e os nosos parabéns pola súa novela, todo un éxito entre o alumnado lector.
Seguindo coa celebración das Letras Galegas e invitada polo Equipo de Normalización Lingüística, estivo con nós na biblioteca, como xa vimos anunciando, a escritora e ilustradora Blanca Millán. Un verdadeiro pracer a súa visita. Firmounos no Libro de visitas e contounos uns contos seus fermosísimos: 'Lola e as 21 vacas', 'A maxia de mamá' e 'Manuela'. Como disfrutaron deles as rapaza e rapaces de Infantil e dos dous primeros cursos de Primaria...
Co gallo de que este curso o adicamos aos SENTIDOS, o alumnad@ de 3º de primaria estivo a experimentar coas cores, e a escala cromática e realizou varias actividades:
- Círculo cromático coas cores primarias e secundarias .
- Diferenciación entre cores frías e quentes.
- Cores complementarias.
- Clasificación dunha serie de cadros pintados por distintos autores (Picasso, Monet, Cézane, Van Gogh, Camille Pissarro, Degas, Renoir, Matisse, Munch...),segundo distintas gamas cromáticas: gamas de cores por familias, gama de cores fríos, gama de cores cálidos, composicións armmónicas e composicións contrastadas.
- Despois da observación dos distintos cadros (que quere expresar o autor, se gusta e por que, que sentimos ante el...) e unha vez feita a exposición, cada alumn@ pintou o seu propio cadro, púxolle título, facendo reflexión do por qué das cores utilizadas e o que pretende expresar mediante a súa pintura.
- Pequenas biografías dos pintores traballados.
- Autobiografía.
Para a realización das distintas actividades ademais do material tanxible (pinceis, bandexas para mezclar cores, pinturas, botes, láminas...) recórdanos Pilar, a titora, que estiveron a utilizar o ordenador para imprimir obras pictóricas usadas e escoitar explicacións en Youtube sobre “Teoría del color”, e libros da biblioteca escolar para informarnos dos distintos pintores e a súa obra. Me llamo Picasso, Me llamo Van Gogh, Así es Matisse, Así es Van Gogh, Picasso el cubista, Picasso,sus obras, Picasso 1881-1914, Arte para niños, Lo mejor del arte del siglo XX, Claude Monet e Cubismo, entre outros.
E finalmente xurdiu debate de por que se ven as cousas de distintas cores, diferencias entre a cor blanca e a negra, se os animais ven a cor…
Xa vedes que foi unha experiencia moi enriquecedora.
E esta é a bonita e colorista exposición que colocaron no corredor...
As alumnas e alumnos de 6º de Educación Infantil estiveron a traballar coa súa profe, Rocío, as emocións. E o fixeron ademais a través do arte.
Escolleron 5 cadros significativos- A orella de Van Gogh, A medusa, A moza da perla, Cadrados con círculos concéntricos, O grito- e o alumnado foi quen de reproducilo empregando diversas técnicas plásticas.
E ademáis, fixeron una ficha co título do cadro, o país de orixe, o autor e as emocións que lles causaba a través dos diversos sentidos que plasmaron debuxando...
Completa e preciosa actividade. E mirade, mirade, que marabillas!!
- Mulleres que Contan, actividade na que a través do gran xogo 'quen é quen' o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO coñeceu a vida e obra de María Victoria Moreno e outras mulleres. Organizado pola Deputación e aárea de Cultura do Concello de Touro.
--x--
- Encontro do Club de lectura e demais alumnado de 3º e 4º ESO co autor Héctor Cajaravillepara falar da súa novela O segredo da casa de Formoso. A visita tivo lugar o 24 de maio.
--x--
- Visita da ilustradora e escritora Blanca Millán, antiga alumna deste colexio, que veu a falarnos da súa obra. Seguindo coa celebración das Letras Galegas e invitada polo Equipo de Normalización Lingüística, estivo con nós na biblioteca, como xa vimos anunciando, a escritora e ilustradora Blanca Millán. Un verdadeiro pracer a súa visita. Firmounos no Libro de visitas e contounos uns contos seus fermosísimos: 'Lola e as 21 vacas', 'A maxia de mamá' e 'Manuela'. Como disfrutaron deles as rapaza e rapaces de Infantil e dos dous primeros cursos de Primaria... Esperámola de novo por aquí ben pronto!!
--x--
- Maratón de lectura. Cada alumno e alumna do centro leu un fragmento de Mar adiante, de Mª Victoria Moreno, e entre todas e todos fíxose a lectura íntegra da novela. Todo o alumnado- Infantil, Primaria e Secundaria- foi gravado eaquí está o resultado, o vídeo do maratón de lectura, en tres partes. Picade e veredes...
VÍDEO DE INFANTIL, 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA
VÍDEO DE 4º, 5º e 6º DE PRIMARIA
VÍDEO DE 1º, 2º, 3º e 4º DE SECUNDARIA
Ao fondo do escenario para este Maratón de lectura estivo o precioso traballo feito polo alumnado de Infantil de 3 e 4 anos, cun chisquiño de axuda das súas profes ben é verdade, para ambientar a biblioteca para a grabación.
É o Arroás, o barco-escola protagonista de Mar adiante, a novela de María Victoria Moreno coa que fixemos a nosa particular homenaxe á autora. Da pintura dos rapaces e rapazas que imos decir… que son uns e unhas artistas!!
E non podía faltar a exposición de libros de María Victoria Moreno, por suposto.
--x--
- Bota a lingua a pacer, actividade na que os distintos grupos de Infantil, Primaria e Secundaria escribiron en globos-posters frases populares, ditos, refráns,... da lingua galega.
INFANTIL
SECUNDARIA
PRIMARIA
--x--
- Exposición sobre a figura de María Victoria Moreno nos corredores, que foi visitada polo alumnado.
--x--
- Música en directo interpretada polo alumnado e profesorado nos patios e corredores.