AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN NO SAMAÍN...


Para celebrar tan impostante data, ademáis da Feira do Día das Bibliotecas tivemos sesión de contacontos. E foi unha nai dun alumno de Infantil a encargada de meterlles un pouco de medo aos máis pequenos e pequenas cunha historia muy particular dun fantasma moi especial.... 








FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!





Desde 1997 cada 24 de outubro vense celebrando o Día da Biblioteca. A proposta xurdiu no seu momento da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, e co apoio do Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante o conflito bélico dos Balcáns.

É por isto que no colexio organizamos este ano a Feira do Día da Biblioteca, un xeito de recordar a toda a comunidade educativa a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectores e lectoras de todas as idade e como instrumento de mellora da formación e da convivencia.

Levamos tres cursos, contando este que acabamos de comezar, intentando darlle un pulo a nosa biblioteca escolar con actividades varias, compra e actualización dos fondos, informatización dos servizos,... e queremos seguir mellorando. Moitos e moitas de vós xa deixastes algunhas das vosas opinións e suxestións na gaiola da árbore á entrada da biblioteca, e que xa atendemos ou coas que andamos a voltas, pero quixeramos celebrar esta data escoitando novas opinións sobre a biblioteca: o seu aspecto, o seu funcionamento, como valorades os cambios que se fixeron e os que se están a facer, que outras propostas de mellora suxerides,... Encantaríanos que vós, alumnado, profesorado e resto da comunidade educativa do centro, nos deixarades os vosos comentarios nesta entrada. Todos e cada un deles, deses comentarios serán lidos e tomados en consideración. Porque a vosa opinión importa e moito.

Grazas a todas e todos! E como sempre....



VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!



MOITO + QUE UNHA BIBLIOTECA...



Neste acróstico, que desde agora decora a entrada á biblioteca, podedes ver algún dos recursos e servizos que vos pode ofrecer a biblioteca. E TODO DE BALDE...

Vinde ata aquí cando queirades.

Aberta está a tod@s vós. 







FEIRA DO DÍA DA BIBLIOTECA. 'TOCA LER'


TOCA LER

Entre as actividades de celebración do Día da Biblioteca, temos esta que vos comentamos agora e á que estades TODAS E TODOS INVITADOS. A FEIRA DO DÍA DA BIBLIOTECA estará aberta o xoves 26 pola mañá. Os postos de libros que poderedes levar como agasallo de celebración deste día estarán diante da entrada do colexio a partir das 12:35 horas e ata as 14:25. E, por suposto, contaremos coa colaboración de alumnado voluntario da Biblioteca que con sumo gusto vos asesorará na escolla do libro. Se queredes pasar, alí estaremos.

Agardámosvos!!



BÚSCASE XENTE NA BIBLIOTECA


BÚSCASE XENTE NA BIBLIOTECA. Se estás nunha biblioteca entre o 17 e o 24 de outubro, saca una foto e ¡¡participa en #EstoyenlaBiblio!!

RECOMPENSA:

3 LOTES DE LIBROS 


Pásate polo enlace de abaixo. E, se che interesa, vémonos na nosa 'biblio'... 



Pronto, moi pronto...


Tal día como hoxe... Geneviève d’Arconville


Tal día como hoxe, 17 de outubro de 1720, nacía a escritora e anatomista Geneviève Charlotte Thiroux d’Arconville.

Muller de orixe noble, casou xove. Foi novelista e traductora pero o seu espírito inquedo levouna a interesarse e apaxionarse tamén pola física, a química, a medicina, a botánica, a literatura, as linguas e a historia. Hoxe en día é coñecida e recordada, sobre todo, polos sus estudos sobre a putrefacción.

A FRASE DA SEMANA (2)


AS ESTRELAS DA SEMANA


As ricas 'lambonadas lectoras' son as estrelas da semana na biblioteca... 

Achégate a probalas!!


Grazas ás coidadoras!


Presentásmosvos ás 12 coidadoras do comedor que fan posible que a nosa biblioteca estea aberta os venres despois de comer- desde as 14:00 horas ata as 16:00- para o alumnado de Primaria, que pode deste xeito desfrutar de un ratiño máis entre libros e historias...

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

Entre todas e todos facemos a Biblioteca...





ÚNETE AO CLUB DE LECTURA


Aínda estades a tempo de unirvos aos clubes de lectura! Dentro de nada teremos a  primeira xuntanza no noso novo local. Xa somos uns cuantos pero temos sitio para algúns máis. @s interesad@s podedes falar con Carmen Lages ou Carmen Forján.

Animádevos!!


Lambonadas lectoras


Queredes ver unhas lambonadas que acaban de chegar á biblioteca?

Mirade, mirade. Váisevos facer a boca auga... 




Equipo de voluntarias/os da biblio para o curso 17/18







Hoxe pola mañá tivemos una pequena festa de benvida para os 36 mozas e mozos de 6º de Primaria e dos catro curso da ESO que formarán o equipo de voluntariado da biblioteca neste curso 2017/2018. Sin elas e sin eles a biblioteca non sería o mesmo. Grazas, moitas grazas!

Por certo, queredes coñecer a este magnífico equipo? Pois aquí están falta unha moza de 3º ESO que hoxe non puido sacar a foto pero coa que contamos)...



Kazuo Ishiguro, Premio Nobel de Literatura 2017


Kazuo Ishiguro (Nagasaki, Xapón, 8 de novembro de 1954) resultou finalmente gañador do Premio Nobel de Literatura 2017. Ben o merece por ter escrito obras tan maravillosas como 'O xigante enterrado', 'Non me deixes nunca' ou a inesquecible 'O que queda do día'.

Na biblioteca dedicamos, como homenaxe, un pequeno rincón ao autor...




Candidatos ao Premio Nobel de Literatura 2017. Quen gañará?


Ngugi Wa Thiong'o, Margaret Atwood e Haruki Murakami son tres dos candidatos que soan con máis forza para o Premio Nobel de Literatura deste ano. Sairá gañador un deles ou algún outro como o español Javier Marías, por exemplo? Nunhas horas sairemos de dúbidas...



Decorando a biblioteca... cos sentidos



Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017


A nosa noraboa a Antonio García Teijeiro, que acaba de obter o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil co seu libro 'Poemar o mar' publicado pola editorial Xerais. 

Pronto o poderedes atopar na biblioteca. 




Teatro en Touro. 'Luppo'


O domingo 8 de outubro ás 18.30 horas na Casa de Cultura de Touro...


TEATRO PARA TODA A FAMILIA!! 



Non sen o meu libro



Lecturas na biblioteca ou lecturas na casa (algún vai ben cargadiño de libros...), o caso é ler. Porque LER, como alguén dixo, é como andar en bicicleta; canto máis pedaLEAS máis lonxe podes chegar. 


TOCA LER!!


Ciclo de literatura infantil e xuvenil


Moi interesante ciclo en Ourense sobre literatura infantil e xuvenil e máis concretamente o teatro. Apaixonante temática... 



'Lectoureando' pola bilbio...


Que pracer poder dicir que hoxe na biblioteca houbo saturación de traballo... Entre préstamos, peticións e devolucións non se daba abastos. Con lectoras e lectores así de entusiastas como vós dá gusto!! 

Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar


Xa chegou o cartel deste ano da Asesoría de Biblioteca co estupendo lema Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar. E loce así de ben na nosa biblioteca... 




Miguel de Unamuno de aniversario


Tal día como hoxe de 1864 nacía en Bilbao Miguel de Unamuno, escritor e filósofo español da xeración do 98.  Pero ademáis dun gran escritos era, xa o vedes na imaxe, un gran lector.  


TOCA LER!!


Agora tamén en Twitter


Hoxe queremos lembrarvos que, se vos é máis cómodo e xeitoso, tamén nos podedes seguir, ademáis de por aquí e por Facebook, en Twitter. Acabamos de abrir, apenas fai un par de días, conta nesa plataforma. Si picades AQUÍ, o enlace levaravos a ela.

Sexa onde e como sexa- en Twitter, en Facebook, no blog ou en "persoa"- non deixedes de visitar a biblioteca... 


Esperámosvos!!