Charla de orientación con exalumnas do centro


Moi interesante- incluso emotivo en certo momento- o rato largo compartido onte con Vanessa, Cristina (exalumnas de Touro) e Natalia sobre os estudos, as distintas vías académicas e profesionais, as carrerias,...

A conclusión á que chegamos? Loitar e non renderse xamais!!













Concurso de adiviñas 'Eu quero ser...'. Adiviñas 9 e 10



E imos xa, se vos parece, coas dúas últimas adiviñas do concurso 'Eu quero ser...'.


ADIVIÑA 9

Por unha escaleira longa,
peldaños blancos e negros,
sube e baixa aos seus dez fillos
con sonoros martilleos.


ADIVIÑA 10

Podo soster un prato
coa punta dun pincel,
podo rodar a pelota
cos dedos dos meus pes.


E rematamos aquí o concurso. Lembrade que tendes hasta o luns 15, ás 11:00 horas, para deixar as vosas solucións nas caixas. 

O luns saberemos quenes deron coas 10 adiviñas. E contarémolo por aquí...



MOITA SORTE A TODAS E TODOS E GRAZAS POR PARTICIPAR!!




Gravando 'Metamorfose'...

Lembrades que o micro de Xian Barreiro, de 3º ESO, gañou o concurso da campaña SUPrime o ConTRoL contra a violencia de xénero organizada pola Deputación da Coruña? A que si? Pois onte estiveron a gravar a curtametraxe no colexio.

Agora toca esperar a ver o resultado. Estade atent@s! Estará xenial, de seguro... 





Concurso 'Mi Quijote. Siglo XXI'


Como ben sabedes, as alumnas e alumnos de 3º ESO participan no concurso da editorial Vicens Vives sobre El Quijote. E fano ademáis cun precioso video. Lástima sería que non gañasen porque, a verdade, merecer merecen ser os primeiros, polo traballo e polo resultado.

Se picades AQUÍ poderedes ver o seu video e tamén os dos demais participantes. E, por suposto, podedes votalo. Xa levan 41 puntos. Faltan os vosos... Suma e segue! 


As redes sociais e os seus riscos



Na tarde do xoves todo o alumnado de secundaria asistiu a unha moi interesante charla impartida por Jose Torres, experto nas redes sociais e nos seus perigos. Foi un charla moi interesante na que todos e todos aprendemos moito. A continuación tivo lugar outra sobre o mesmo tema pero dirixida a nais e país.




Concurso de adiviñas 'Eu quero ser...'. ADIVIÑAS 7 e 8




Imos alá! Que esto vaise acabando...

ADIVIÑA 7

Tocando o silbato
e movendo os brazos
ordeno e dirixo
os coches do barrio.


ADIVIÑA 8

Adiviña, adiviñador:
levo un parche
sen ser tambor
e teño anzuelo
sen ser pescador.


MOITA SORTE A TODAS E TODOS!!


Menudos cociñeir@s!!

 

Menuda festa-degustación a que nos prepararon o mércores os alumnos e alumnas de 2º de ESO coa súa profesora de francés! Todo un placer para o padal...

A aula de linguas estranxeiras encheuse de ricos postres elaborados con froitas da tempada. E ademáis invitaron e atenderon moi amablemente a todos e todas. 'Aliméntate ben' é o Plan Proxecta no que se inclúe esta actividade. E ben que nos alimentamos! E, de paso, facendo un percorrido pola gastronomía fala...

Grazas aos e ás "cociñeir@s expert@s", á profesora Lourdes e á encargada do comedor pola súa colaboración.   

A ver quen se pode resistir...

















Concurso de adiviñas 'Eu quero ser...'. ADIVIÑAS 5 e 6



E imos xa coas adiviñas 5 e 6 do concurso. Daredes con elas?


ADIVIÑA 5

Axita o cartucho,
carga a pistola,
pasa un algodón
e con un azote
pon a inxección.


ADIVIÑA 6

A forza de martillazos
cambia a natureza;
transforma pedras en caras
e a materia en beleza.



MOITA SORTE A TODAS E TODOS!!


Concurso de adiviñas 'Eu quero ser...'. ADIVIÑAS 3 e 4



E seguimos coas adiviñas. As de onte eran doadas, verdade? A ver que tal con estas...


ADIVIÑA 3

Sen ningunha cerimonia
co seu sombreiro calado,
viaxa diante do rei,
do papa e do maxistrado.


ADIVIÑA 4

Non son bombeiro,
pero teño mangueira
e alimento aos coches
pola carreteira.


MOITA SORTE A TODAS E TODOS!!


Concurso de adiviñas 'Eu quero ser...'. ADIVIÑAS 1 e 2



Esta semana é a semana adicada á orientación, que se celebrará con varias actividades, e as alumnas e alumnos de Primaria estades de sorte. O Departamento de Orientación ten para vós un estupendo concurso; e faciliño ademáis. Un concurso de adiviñas! E ademáis un concurso de adiviñas moi profesional; todas as adiviñas son sobre profesións. Así de paso tamén podedes ir pensando a que máis os gusta e interesa a vós.

Pero imos co concurso...

Desde hoxe, domingo 7 de maio, ata o xoves 11 de maio, publicaranse no blog dúas adiviñas por día e haberá que tentar dar coa solución. Pero son doadas, xa veredes.

Como o concurso é cousa seria e os premios moi chulos, imos deixar as normas claras, parécevos? Pois imos aló!

1.- Só pode participar o alumnado de Primaria

2.- Serán gañadores ou gañadoras os tres alumnos/as que acerten máis adiviñas das 10 que se propoñan.

3.- Haberá tres categorías e unha gañadora ou gañador para cada categoría:

Categoría A- alumnado de 1º e 2º
Categoría B- alumnado de 3º e 4º
Categoría C- alumnado de 5º e 6º

3.- As solucións tendes que deixalas nas caixas que estarán colocadas xunto á entrada da sala de profesores.

4.- Só se admitirán as solucións respostadas nas papeletas a vosa disposición xunto ás caixas. E fixádevos ben porque non entrarán no concurso as papeletas con erros de ortografía.

3.- O prazo para entregar as respostas remata o luns 15 de maio ás 11:00 horas.

4.- A entrega de premios será o 15 de maio.

E xa está. Estas son as normas para participar. Se vos queda algunha dúbida, xa sabedes que sempre lle podedes preguntar á vosa profesora ou profesor.

Que? Anímaste?


Pois damos comenzo ó concurso xa coas primeiras adiviñas. A por elas!



ADIVIÑA 1



Nen torcida nen inclinada,

ten que estar a parede,
para iso teño plomada
e me axudo no nivel.


ADIVIÑA 2

En vez de dar, quita,
cobrando paguita.


MOITA SORTE A TODAS E TODOS!!



3 propostas para maio


Deixámosvos por aquí tres propostas para o mes de maio que mañá comenza. Por si algunha vos interesa...

En primeiro lugar, a exposición de origami que estará aberta durante todo o mes no Colexio de Fonseca.


Por outra banda, xa están á venda as entradas para ver no cine a primeira ópera rock feita en Galicia.


E por último, non podía faltar a cita anual na Alameda; a Feira do Libro Antigo e de Ocasión inaugurarase o vindeiro 14 de maio. Por alí nos veremos se queredes...


Harper Lee


Tal día como hoxe pero de 1926 nacía a escritora estadounidense Harper Lee, autora da maxistral novela, gañadora do Premio Pulitzer, Matar a un ruiseñor (To kill a nightingale). Todo un clásico de imprescindible lectura e un alegato contra o racismo.



Video. 'Malos tempos para os fantasmas', de Agustín Fernández Paz


Este video que traemos hoxe é, como xa ben di o título desta entrada, unha homenaxe a Agustín Fernández Paz desde o Club de lectura Lectour@s.

No segundo trimestre os dous clubes de lectura leron obras deste autor: Malos tempos para os fantasmas en 1º e 2º e A neve interminable en 3º e 4º. O booktrailer de Malos tempos para os fantasmas, é por tanto o primeiro destas homenaxes; virá un segundo video ben pronto.

Agustín Fernández Paz, autor galego falecido o ano pasado, gústavos moito según nos decides. Proba delo é a grande variedade e cantidade de libros e historias que del temos na biblioteca á vosa disposición: As flores radioactivas, O centro do labirinto, Aire negro, Avenida do paque, 17 ou A neve interminable entre outros.

Pasádevos pola biblioteca que alí de seguro atoparedes algún título dos seus que vos atraia. Seguro, seguro!


¡Esperámosvos!



Día do libro. Cuncas literarias e marcapáxinas solidarios


Vamos con outras dúas actividades do Día do libro: as cuncas literarias e a decoración dos marcapáxinas solidarios da ONG Save the Children. Moitas grazas, por certo, pola vosa colaboración; xa vos teremos ao tanto nuns días do diñeiro recaudado, E as cuncas literarias, ao estilo Sargadelos- en honor a Isaac Díaz Pardo a quen lle adicamos, como sabedes, este ano- levaban citas sobre os libros e a lectura escritas por todo o alumnado (agás o de Infantil, que fixo preciosos debuxos) e foron repartidas por os mozos e mozas de de 5º e 6º de Primaria polas rúas e establecementos do pobo xunto cuns puntos de libro conmemorativos da xornada. Pero mellor que o vexades todo en algunhas imaxes...