Obradoiro de radio

 Esta semana o alumnado de 6º e de 2º de primaria gozou co obradoiro de radio impartido por Xerardo e Damián de Ponte nas ondas. Foi unha xornada moi instrutiva, divertida e inspiradora, na que o alumnado de 6º aprendeu os fundamentos para crear un podcast e máis tarde, xunto ao alumnado de 2º, puxérono en práctica. Moitas grazas por esta gran experiencia, Xerardo e Damián!


















Que libro é?

  Como xa publicamos nunha entrada anterior, con motivo da celebración do "Mes das letras" puxemos en marcha o concurso "Que libro é?". Agora, xa rematado o prazo para pasar pola biblio e ver os paneis, compartimos con todos vós as láminas do concurso. Sodes quen de adiviñar o libro? Xa vos anunciamos que moitos dos nosos alumnos e alumnas sí foron capaces, polo que... Parabéns!

Infantil, 1º e 2º









3º, 4º, 5º e 6º de primaria


















E.S.O























Cine francés

  O 7 de abril o Departamento de Francés do noso centro organizou unha saída á Sala Numax de Santiago cos alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO. Visualizaron a película"Un sac de billes", baseada na novela de Joseph Joffo.