O
Día do libro marca o comezo do noso Mes das letras. Son varias as
actividades que poremos en marcha, así que aquí volas deixamos:
ADOPTA
UN LIBRO
Cada
neno e nena contará cun vale canxeable por un libro que atoparedes
colocados enriba de dúas mesas. O alumnado baixará por quendas:
Primaria
e infantil: nas súas horas de préstamo. Os nenos e nenas
revisarán as mesas, se atopan un libro que lles guste sellaremos o
vale co selo da biblioteca que está na mesa do ordenador e levarán
o libro para as súas casas.
Secundaria:
os alumnos e alumnas poden facer esta actividade nos recreos,
nese caso o vale será selado polo profesorado de garda ou polo
alumnado voluntario.
CONCURSO QUE LIBRO É?
Nas
diferentes seccións da biblioteca hai colocados uns paneis nos que
atoparedes un fragmento da portada dun libro e un par de pistas. O
alumnado ten uns folios cunhas táboas para cubrir que se poden
atopar na mesa do ordenador da biblioteca, diferenciando infantil,
primaria e secundaria. Unha vez cuberta a información entregaranse
na biblioteca co nome do alumno ou alumna.
Infantil
e Primaria: pasarán nas súas horas de préstamo.
Secundaria:
Nas horas de titoría.
O
prazo límite para participar neste concurso será o 20 de maio.
Todos os participantes entrarán nun sorteo.
FLORENCIO
DELGADO GURRIARÁN.
Este
ano o autor homenaxeado é o ouresán Florencio Delgado Gurriarán,
nado na aldea de Córgomo, concello de Vilamartín de Valdeorras.
Desde
o EDL e o EB as actividades que propoñemos para os ciclos de
infantil e primaria son as recollidas na páxina do Seminario Galán:
http://www.seminariogalan.org/.
Podedes atopar tanto actividades en liña como para imprimir. Se
realizaces algunha non esquezades compartir algunha foto con nós que
compartiremos nas nosas redes sociais: www.facebook.com/movealingua
e
www.instagram.com/movealinguatouro.
VISITA
DA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ.
Esta
actividade está organizada para os cursos de 5º
e 6º de primaria e para 3º e algúns alumnos de 4º da E.S.O.
A
escritora visitáranos o 5 de maio
e as sesións realizáranse en audiovisuais no seguinte horario:
5º
e 6º de primaria: de 10:35 ás 11:25 horas,
3º
e 4º da E.S.O.: 11:45 ás 12: 35 horas.
REPRESENTACIÓN
TEATRAL DA AULA DO NOSO C.P.I.
O
día 26 de maio:
1º-INFANTIL
E 1º E 2º DE PRIMARIA: 10:35 ás 11.25 horas.
2º-3º,
4º, 5º E 6º DE PRIMARIA: 11.45 ás 12:35 horas.
3º-1º,
2º, 3º E 4º DA E.S.O.: 14.25 ás 15:15 horas.
VISITA
Á EXPOSICIÓN DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN:
No
corredor en fronte de audiovisuais estará montada a exposición
sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán. Cada titor/a
visitará co seu alumnado no momento que considere oportuno.
Moitas
grazas pola vosa participación!