O domingo, 30 de xaneiro celebrouse o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e no noso cole celebrámolo coa colocación do noso “Paseo das estelas pola Paz”. Decidimos dar visibilidade á faceta solidaria de varias estelas de cine, unha por cada aula. Este é o resultado:
Paseo das estrelas pola Paz
Novidades
Seguimos a compartir as novidades que van chegando á nosa biblio, agardámosvos para que as coñezades e gocedes!
Club de lectura
Esta semana rematamos a primeira lectura do club de lectura deste curso. Como non podía ser doutro xeito, neste "Ano de cine" as lecturas escollidas son libros que se fixeron películas. Comezamos con "Harry Potter y la piedra filosofal". O libro foi un éxito nos dous grupos e participaron encantados en todas as actividades propostas. Comezamos o club coa entrega de cartas de Hogwarts personalizadas, así como marcapáxinas das casas.
Entrega de premios
O último día de clase antes das vacacións de Nadal realizouse a entrega de premios ao alumnado ganador dos distintos concursos propostos polo EB e o EDL. Parabéns a tod@s os ganadores!
-Concurso de cabazas:
Cabazas ganadoras Infantil: Mariña, Hugo e Jairo
Infantil: Laura, Primaria: José