Samagosto de disfraces!

  Por fin chegou o día, a celebración do Samagosto! O venres 29 de outubro foi a data proposta para que alumnado e profesorado acudisen disfrazados ao cole e hoxe queremos compartir as fotos desta xornada tan festiva e na que houbo disfraces para todos os gustos. Esperamos que vos gusten!















Samagosto

  Hoxe queremos compartir con todos vós as actividades porpostas para a celebración do xa tradicional Samagosto. Como en anos anteriores convocáronse distintos concursos en colaboración co EDL:

O Concurso de cabazas de cine:


 Concurso de Relatos de medo:




E o Outono fotográfico:




Así mesmo, propúxose que, o venres 19 de outubro, tanto alumnado como profesorado, podía vir disfrazado ao cole para así por un broche final ás celebracións do Samagosto.
Por outro lado, o cole puxo as súas mellores galas monstruosas coa decoración das portas das distintas aulas:















Club de lectura. Comezamos!

 O club de lectura Lectour@s xa está en marcha!

 Durante o mes de outubro colgouse a cartelería que animaba ao alumnado a unirse ao club e a coordinadora pasou polas clases de Secundaria para presentalo e animar ao alumnado á unirse ao mesmo.


Unha vez fixado o número de lectur@s, decidiuse facer dous grupos, un de alumnado de 1º e outro de 2º da ESO e marcouse a data de comezo das reunións.
 Esta semana, por fin, comezamos a nosa andaina. Na primeira sesión de cada grupo fíxose a presentación do libro que se lería neste primeiro trimestre "Harry Potter y la piedra filosofal", fíxose entrega das cartas de admisión de Hogwarts (o colexio de Maxia e Feiticería no que ingresa Harry Potter), personalizadas, así como uns marcapáxinas cos logos das distintas casas de Hogwarts e para rematar a sesión colorearon un debuxo do castelo de Hogwarts. Foron unhas xornadas moi divertidas e satisfatorias. Agrdámosvos en 15 días!






 


Maleta naturalista

 Durante o mes de outubro o noso alumnado disfrutou da Maleta naturalista cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental). O seu contido, moi variado, resultounos de gran interese, sobre todo as guías de campo de plantas e animais que gozaron de moito éxito. Sen dúbida foi unha gran experiencia.













Mochilas e bolsas viaxeiras 2021/2022

 Xa están en marcha as mochilas e as bolsas viaxeiras deste curso! O alumnado voluntario fixo entrega das mochilas de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria e das bolsas de 4º e 5º de infantil aos nenos e nenas que, durante unha semana, disfrutarán nas súas casas das lecturas incluídas nelas. Un curso varias desas lecturas estarán, de algún xeito, relacionados coa temática do curso, neste caso, o cine. Completarán as mochilas unhas libretas nas que o alumndo e as súas familias poderán reflectir as súas impresións sobre o contido das mesmas. Estamos desexando lelas. Esperamos que as disfrutedes! 









Día das bibliotecas

  Esta semana, e coincidindo co Día das Bibliotecas, por fin inauguramos a nosa biblio xa renovada. Queda pendente a cartelería, pero tiñamos moitas ganas de ensinarvos o resultado do traballo destas semanas.

 Así, ao longo da semana e nas horas marcadas para a biblio de cada curso de infantil e primaria, o alumnado foi achegándose á biblio. O equipo da biblio foi explicando aos diferentes grupos a nova distribución dos fondos, o protocolo para o acceso á biblioteca, presentando o lema no curso "Un ano de cine" e facendo entrega dos pasaportes lectores para o curso. Foron unhas xornadas moi emocionantes que marcan o comezo das actividades do curso e a volta á actividade da nosa biblio, así que benvid@s, lectour@s!























Un ano de cine

Bos días a tod@s! Levamos un tempo preparando todo para a reapertura da nosa biblio. Durante estas semanas estivemos de cambios: Cambiamos estanterías, distribuímos espazos e recolocamos os fondos para facelos máis accesibles a toda a comunidade educativa. Tamén deseñamos un novo protocolo de uso da biblioteca, que estará colocado no taboleiro de entrada.
Por todo iso aínda non vos falamos da temática para este curso que acabamos de comezar: Un ano de cine. Este será o fío conductor das nosas propostas, así como das actividades do centro. Moi pronto vos anunciaremos a reapertura da nosa biblio nas nosas redes sociais, así que, estade moi atent@s!