Esta semana por fin se levaron a cabo os apadriñamentos lectores! Esta é unha das actividades do noso Mes das letras e comezámolos con motivo do Día do Libro, pero debido ao mal tempo, adiámolos ata esta semana, a semana das Letras. Foi unha xornada que disfrutaron tanto os nosos voluntarios e voluntarias, que foron os encargados de facer as lecturas, como o alumnado de Infantil, aos que leron. Foi unha xornada moi festiva e enriquecedora e que a todos lles gustaría repetir.
Visita de Eva Mejuto
O día 19 de maio visitounos Eva Mejuto. Actividade estivo enmarcada dentro do noso Mes das letras. A autora contou, aos nenos e nenas de Infantil e de 1º e 2º de primaria o seu conto "Dez gatiñas viaxeiras". Despois faloulles da arte de crear novas historias, dándolles pistas para que eles inventasen as súas propias historias. Foi unha xornada moi enriquecedora, grazas a Eva pola súa visita!
Formación Radio na biblio
O día 14 de abril o noso alumnado de 6º de primaria gozou dunha xornada de formación a cargo de Damián, da asociación Ponte nas Ondas. Foi unha xornada moi enriquecedora e divertida grazas ao seu bo facer, así que só podemos agradecerllo!
A volta ao mundo de 5 anos
Seguimos mostrándovos as actividades do proxecto "A volta ao mundo" nas distintas clases. Agora tócalle o turno á aula de 6º de Infantil. Coa axuda da súa profe, Rocío, embarcáronse no proxecto "Pintores do mundo", no que se propuxeron traballar pintores de todos os continentes. Aquí vos deixamos o resultado do seu traballo:
Italia, 3 anos
Ola a tod@s!
Pouco a pouco iremos mostrando as actividades que foron realizando, nas distintas clases, sobre o proxecto de "A volta ao mundo".
Comezamos co alumnado de 3 anos. Eles viaxaron a Italia e déixannos este vídeo mostrando todo o que traballaron. Parabéns!
Furgoneta Solidaria
Hoxe viñeron ao noso centro dous bombeiros do parque de O Carballiño. A súa misión foi recoller o material escolar coa que toda a comunidade educativa do noso cole quere apoiar a iniciativa da ONG "Furgoneta Solidaria" que levará ese material a Guinea-Bissau. Este proxecto apoia e reforza a educación dos máis pequenos e pequenas de Bafatá, unha das máis pobres e desfavorecidas do país.
Novidades
Levabamos unhas semanas sen compartir as novidades que van chegando á nosa biblio, así que aquí vos deixamos as últimas adquisicións!
Día da Terra
No Día da Terra, os alumnos e alumnas de 4º de primaria, inspirados no libro da Mochila Viaxeira "Plasticus Maritimus", representaron unha problemática moi actual e incluso descoñecida. Estes bonecos mariños gardan no seu interior unha sorpresa moi desagradable... Plástico! Con isto queren crear conciencia sobre a importancia de reducir e reciclar o plástico para que non remate no chan e, en último lugar, no mar, causando a morte de moitos animais que confunden o plástico co alimento. Xa sabedes, reduce, recicla e reutiliza! Eco-TOURíza-TE!
Os maios
Este curso, dentro do Mes das Letras, o EDL propúxonos a creación dun Maio. Para iso solicitamos a colaboración das familias, que desbordaron as nosas expectativas, para que enviasen cadenetas de flores, froitas e ovos, así como de fiúncho e xestas. Ademais, o alumnado de 1º, 2º e 5º de primaria compuxeron cadansúa cantiga para cantarlle ao maio, todas con letras ben exeñosas. Parabéns por tanto traballo!
A volta ao mundo en 80 libros
Con motivo Día do Libro e dentro do Mes das Letras, propuxémonos dar a volta ao mundo a través dos libros. Para iso montamos, no corredor do noso cole, unha exposición con libros de autores orixinarios de distintas partes do mundo, dende o Xapón aos Estados Unidos, pasando por Australia, Venezuela, Finlandia ou Azebaixán e algúns libros ambientados en paisaxes tan distantes como a India ou Mali. Durante varias semanas o noso alumndo gozou, por quendas, da exposición.




























































