Día da Terra

  No Día da Terra, os alumnos e alumnas de 4º de primaria, inspirados no libro da Mochila Viaxeira "Plasticus Maritimus", representaron unha problemática moi actual e incluso descoñecida. Estes bonecos mariños gardan no seu interior unha sorpresa moi desagradable... Plástico! Con isto queren crear conciencia sobre a importancia de reducir e reciclar o plástico para que non remate no chan e, en último lugar, no mar, causando a morte de moitos animais que confunden o plástico co alimento. Xa sabedes, reduce, recicla e reutiliza! Eco-TOURíza-TE!





Os maios

   Este curso, dentro do Mes das Letras, o EDL propúxonos a creación dun Maio. Para iso solicitamos a colaboración das familias, que desbordaron as nosas expectativas, para que enviasen cadenetas de flores, froitas e ovos, así como de fiúncho e xestas. Ademais, o alumnado de 1º, 2º e 5º de primaria compuxeron cadansúa cantiga para cantarlle ao maio, todas con letras ben exeñosas. Parabéns por tanto traballo!














A volta ao mundo en 80 libros

 Con motivo Día do Libro e dentro do Mes das Letras, propuxémonos dar a volta ao mundo a través dos libros. Para iso montamos, no corredor do noso cole, unha exposición con libros de autores orixinarios de distintas partes do mundo, dende o Xapón aos Estados Unidos, pasando por Australia, Venezuela, Finlandia ou Azebaixán e algúns libros ambientados en paisaxes tan distantes como a India ou Mali. Durante varias semanas o noso alumndo gozou, por quendas, da exposición.


















Día do Libro 2021

  Pouco a pouco iremos mostrando as actividades desenvolvidas no noso Mes das Letras. Comezamos coa celebración que marcou o comezo deste Mes das Letras, o Día do Libro.

 Nesa data tan sinalada para as Bibliotecas quixemos dar remate ao proxecto que comezamos co Día da Paz, "Un nen@, unha árbore", de dúas formas. Por un lado, ao longo desa semana, o noso alumnado levou as súas árbores para as súas casas para plantalos en lugares elixidos por eles. Despois, as familias fixéronnos chegar imaxes desas plantacións, así que moitas grazas!


















 Por outro lado, cada clase plantou unha árbore, fixémolo nunha finca cedida polo Concello de Touro.

Infantil

1º de primaria


2º de primaria


3º de primaria


4º de primaria


5º de primaria


6º de primaria


ESO



 O Día do Libro tamén se fixo a entrega de premios aos gañadores e gañadoras do Pasaporte lector, á máis lectora e aos gañadores do concurso do nome e logo da radio. As presentadoras desta entrega foron dúas dos nosos voluntarios e voluntarias da biblioteca. Parabéns aos gañadores e gañadoras ( Alex, Ainhoa, Carla, Antón e Carlota) e ás presentadoras, fixérono moi ben!








 E, por suposto, tamén houbo marcapáxinas!






 Feliz Día do Libro!