No Día da Terra, os alumnos e alumnas de 4º de primaria, inspirados no libro da Mochila Viaxeira "Plasticus Maritimus", representaron unha problemática moi actual e incluso descoñecida. Estes bonecos mariños gardan no seu interior unha sorpresa moi desagradable... Plástico! Con isto queren crear conciencia sobre a importancia de reducir e reciclar o plástico para que non remate no chan e, en último lugar, no mar, causando a morte de moitos animais que confunden o plástico co alimento. Xa sabedes, reduce, recicla e reutiliza! Eco-TOURíza-TE!
Os maios
Este curso, dentro do Mes das Letras, o EDL propúxonos a creación dun Maio. Para iso solicitamos a colaboración das familias, que desbordaron as nosas expectativas, para que enviasen cadenetas de flores, froitas e ovos, así como de fiúncho e xestas. Ademais, o alumnado de 1º, 2º e 5º de primaria compuxeron cadansúa cantiga para cantarlle ao maio, todas con letras ben exeñosas. Parabéns por tanto traballo!
A volta ao mundo en 80 libros
Con motivo Día do Libro e dentro do Mes das Letras, propuxémonos dar a volta ao mundo a través dos libros. Para iso montamos, no corredor do noso cole, unha exposición con libros de autores orixinarios de distintas partes do mundo, dende o Xapón aos Estados Unidos, pasando por Australia, Venezuela, Finlandia ou Azebaixán e algúns libros ambientados en paisaxes tan distantes como a India ou Mali. Durante varias semanas o noso alumndo gozou, por quendas, da exposición.
Día do Libro 2021
Pouco a pouco iremos mostrando as actividades desenvolvidas no noso Mes das Letras. Comezamos coa celebración que marcou o comezo deste Mes das Letras, o Día do Libro.
Nesa data tan sinalada para as Bibliotecas quixemos dar remate ao proxecto que comezamos co Día da Paz, "Un nen@, unha árbore", de dúas formas. Por un lado, ao longo desa semana, o noso alumnado levou as súas árbores para as súas casas para plantalos en lugares elixidos por eles. Despois, as familias fixéronnos chegar imaxes desas plantacións, así que moitas grazas!



















































