Entroido 2021

 Este Entroido foi un pouco diferente, vivímolo con unhas máscaras diferentes e sen o noso tradicional desfile. Sen embargo, a pesar de todo, decidimos celebrar o Entroido da mellor maneira posible, por iso, Dona Meca volveu deixarnos os seus mandatos, que foron moi ben acollidos.




Debido ao peche perimetral, e pensando que iso podía ocasionar problemas para a adquisición de disfraces, e mesmo dos materiais para elaboralos, decidimos dar tres opcións para vir disfrazados o venres de Entroido e poder así celebralo:
  • Posto que seguimos coa temática do curso pasado, A volta ao mundo, podían traer o disfraz do ano pasado.
  • Un disfraz relacionado coa temática do curso.
  • Disfraz libre.
Así, o venres 12 de febreiro gozamos dunha xornada diferente, pero moi divertida!
























 Para facer este día aínda máis especial, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria desfrutou dunha experiencia única, un concerto de Xavi Lozano que nos deixou impresionados coa súa habilidade para sacar música dos obxectos máis sorprendentes. Ademais, cada un deles construiu o seu propio instrumento musical con materiais de refugallo!





























































Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 No ano 2015 a ONU proclamou o 11 de febreiro de cada ano como o “Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia” coa finalidade de lograr o acceso e participación plena e equitativa na ciencia das mulleres e nenas e conseguir o seu empoderamento e igualdade.

 A brecha de xénero nos sectores STEM (siglas en inglés de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) persiste en todo o mundo, de forma que as mulleres seguen insuficientemente representadas neses campos, a pesar que a súa participación nas carreiras de grao superior aumentou enormemente.

 Según un estudo realizado en 14 países, a probabilidade de que as mulleres estudantes rematen unha licenciatura, un mestrado ou un doutoramento nalgunha materia relacionada coa ciencia é do 18%, 8% e 2%, respectivamente, mentres que a probabilidade para os estudantes masculinos é do 37%, 18% e 6%.

 En Galiza nas carreiras técnicas existe unha menor presenza feminina entre o alumnado e o profesorado, cunha porcentaxe de mulleres nas carreiras de ciencias que caeu 10 puntos na última década, como por exemplo nos estudos de informática, onde apenas o 13% das persoas matriculadas son mulleres, fronte ao 38% que chegaron a ser no ano 2000.

Por todo iso, o obxectivo desta campaña é romper prexuízos nas estudantes e presentarlles mulleres investigadoras referentes nos seus eidos de traballo científico, para que sexan modelos a seguir polas nenas e mozas galegas que están a pensar no seu futuro.

 Deste xeito, en Secundaria e nas horas de ciencias, o alumnado visionou algún dos vídeos recollidos na entrada anterior do blog, milcontosporcontar.blogspot.com/2021/02/dia-internacional-da-muller-e-nena-na.html, en concreto os de Corazón de Investigadora, vídeos moi curtos de científicas galegas, e os recollidos baixo o título "De maior quero ser científica", nos que que unha científica e unha nena (moitas das veces a súa propia filla) mostran de xeito entretido diferentes perfís profesionais con aplicacións na biomedicina (neste caso investigadora clínica, enxeñeira farmacéutica e enxeñeira de tecidos.








Por outra banda, o alumnado de 4º de Primaria celebrou esta xornada co unha serie de experimentos, a cada cal máis interesante, esperamos que vos gusten!















Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Un nen@, unha árbore!

 Xa podemos ensinarvos os resultados do noso proxecto "Un nen@, unha árbore" que propuxemos para celebrar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

 En todas as etapas realizaron plantacións, algunhas árbores xa agromaron, pero tamén, en algúns cursos, houbo lecturas, realizcións de marcapáxinas, bailes, murais, colares da paz e infografías sobre a figura de Wangari Maathai, a muller que nos inspirou para este proxecto.

Foi un gran traballo de toda a comunidade educativa e estamos moi contentas cos resultados, parabéns a todos e a todas!

 Plantación 4º de Infantil


Plantación 5º de Infantil



Plantación 6º de Infantil




Mural e Colares de Infantil





Plantación 1º de Primaria





Plantación 2º de Primaria








Plantación 3º de Primaria



Plantación 4º de Primaria 



Plantación 5º de Primaria


Mural 6º de Primaria


Plantación ESO
 






Marcapáxinas ESO





Genially Wangari Maathai (1)

Infografía Ismael e Diego




 Así mesmo, o alumnado de 5º e 6º de Primaria bailou, na clase de música, ao ritmo da canción "Madre Tierra" de Chayanne!



















Novidades

 Comezamos a semana mostrándovos as novidades que podedes atopar na biblio. Esperamos que as desfrutedes!