Biblionadal
Un ano máis foron varias as actividades que se desenvolveron dentro do marco do noso Biblionadal, a primeira delas foi o apadriñamento lector levado a cabo polo alumnado voluntario de 6º de primaria ao alumnado de infantil, realiazados en distintas estancias do centro, entre elas a biblioteca que os moi engalanda para a ocasión. Unha actividade que desfrutaron todos por igual e que están desexando repetir!
Sabores do mundo: Marrocos
Seguimos coa proposta do comedor e os seus "Sabores do mundo". Hoxe tocounos Marrocos, sabores diferentes que nos deixaron encantados!O menú foi o seguinte: Chlada con tostas de pan, cuscús de polo e verduras e laranxa con canela. Que gran traballo! Moitas grazas polo esforzo realizado!
Sabores do mundo: Alemania
Neste ano, no que estamos a dar "A volta ao mundo", dende o comedor fannos unha proposta do máis interesante: Comidas do mundo. Comezamos con Alemania e o menú foi o seguinte: Katoffellsupe (crema de pataca, allo porro, cebola e cenoria), currywurst (salchicha alemana con arroz en branco) e tarta Selva Negra. Foi unha gran experiencia e ata a Lectouriñ@ estaba emocionada! Moitas grazas a todas e a todos os que o fixeron posible, agardamos con expectación o seguinte!!
ible, agardamos con expectación o seguinte!!
ible, agardamos con expectación o seguinte!!
25 N
Seguimos coas actividades desenvolvidas con motivo do 25N. O alumnado de 4º de primaria realizou unha lectura para o alumnado de infantil dunha selección de contos entre os que se atopaban: A historia dos bonobos con lentes, O libro dos porcos, A vaca que puxo un ovo, Rosa Caramelo... Lecturas para reflexionar.
25 N
Con motivo do 25N o CIM (Centro de Información da Muller) do Concello de Boqueixón cedeu ao centro unha exposción que espertou a curiosidade do noso alumnado, moitas grazas pola proposta!
25 N
Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller o alumnado do colexio, a proposta do ENDL e por cursos, realizaron uns carteis nos que reflectiron as situacións de desigualdade, sometemento e discriminación das mulleres en diferentes países arredor do mundo ( como México, Yemen, India, Arabia Saudí ou o noso). Con eses carteis realizouse unha exposición na biblioteca que todos os cursos visitaron e sobre os que reflexionaron, ademais de visualizar un vídeo sobre poñerse no lugar do outro e que nos deron moito en que pensar.
1ª Reunión do voluntariado
O día 18 de novembro realizouse a primeira reunión do voluntariado, fixemos unha primeira toma de contacto e presentación do proxecto e dos novos voluntarios e voluntarias.
Mochilas viaxeiras 2019-2020
Xa están en marcha as mochilas viaxeiras de primaria para este curso, van cargadas de aventuras, novas paisaxes, curiosidades... seguindo o proxecto deste curso "A volta ao mundo". Esperamos que gocedes das lecturas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















































