DÍA DO LIBRO 2019


Outro ano mais a celebración do Día do Libro, Semana do Libro máis ben, veu cargada dunha chea de actividades. Aquí están...

REPARTO DE TRÍPTICO LITERARIO E MARCA PÁXINAS -


Entrega das guías de lectura e marcapáxinas ao profesorado e resto da comunidade educativa. Os encargados, como non, uns entusiastas voluntarios. 






- BOLETÍN-TRÍPTICO LITERARIO. 'CON NOME DE MULLER' -


O noso tríptico literario deste Día do Libro ven 'Con nome de muller' e cargado, como xa imaxinades, de boas recomendacións de libros escritos por mulleres... Botádelle un vistazo!



- MARCA PÁXINAS -




- PREMIOS 'PASAPORTES LECTORES' -


Sorteo e entrega de premios do Pasaporte lector e o reparto das guías de lectura e marcapáxinas entre o alumnado de Primaria e Secundaria. Noraboa!! Esperamos que vos gusten os agasallos... 




- OBRADOIRO DE COLGADOIROS -


Obradoiro de colgadoiros para as portas co alumnado de Infantil e de 1°e 2°de Primaria. O encargado do Obradoiro foi alumnado voluntario. Regaláronselles en cartolina varios modelos de colgadoiros e elas e eles decoráronos con motivos do Día do Libro pola parte de atrás. 















 












- AS FAMILIAS CONTAN -

Visita dunha mamá, Eva, á clase de 5º de Educaciñonn Infantil. Leulles 'A árbore da escola', un precioso conto de Kalandraka. Logo todxs illustraron o conto cunha manualidade.








 - VISITA DE INFANTIL Á BIBLIO. 'CONTAR E CANTAR' -

Visita á biblio e a Lectouriña das rapazas e rapaces de Infantil. E que fixeron? Pois ver un bonito vídeo, 'Argine', cantar todxs xuntxs 'Que vivan los cuentos', coñecer a Quixote, Sancho Panza, Dulcinea, Rocinante e demáis familia, personaxes deste famoso conto universal, levar a estes personaxes para colorear con calma na clase coas profes...  




- CINE E LIBROS -

Sesión de cine. Primaria gozou do cine con dúas películas que son adaptacións de grandes libros. Para 1°, 2°, 3° e 4° de Primaria, a divertida 'Matilda', e para 5° e 6°, a emotiva 'La ladrona de libros'. Os de Secundaria viron a exitosa 'Shakespeare in love'



 




- AO AIRE, LIBRO -


Lecturas polo pobo e agasallo dunhas bonitas follas que esconden un segredo no seu interior: frases sobre libros e literatura. 










- LIBRO LIBRE -


Liberación de decenas de libros polas rúas do pobo. Levan unha mensaxe de Lectouriña. 











- DISPENSADORES DE FRASES E CITAS -


Reparto polos establecementos 'dispensadores' de frases literarias para cortar e levar para casa. 








CERVANTES E SHAKESPEARE: Personaxes femininos

Murais elaboradose polos Departamentos de Lingua Castelá e Literatura e o de Inglés. E ademáis fixeron agasallo duns pins a todo o alumnado da ESO... 




FELIZ DÍA DO LIBRO!!




CERVANTES E SHAKESPEARE. PERSONAXES FEMININOS




Estos son os dous murais elaborados polos Departamentos de Lingua Castelá e Literatura e o de Inglés, co gallo do Día do Libro, sobre personaxes femininos destes dous grandes autores. 

E ademáis, houbo agasallo duns pins a todo o alumnado da ESO... 


FELIZ DÍA DO LIBRO!

HAPPY BOOK DAY!!



PRESUMINDO DE BIBLIOTECA E DXS VOLUNTARIXS


PREMIOS 'PASAPORTES LECTORES'


Tamén neste Día do Libro tivemos o sorteo e entrega de premios do Pasaporte lector e o reparto das guías de lectura e marcapáxinas entre o alumnado de Primaria e Secundaria. Aquí tedes unhas imaxes do voluntariado encargado, que o fixo realmente ben, do público e do alumnado gañador. Noraboa!! Esperamos que vos gusten os agasallos... 




BOLETÍNS LITERARIOS E MARCAPÁXINAS


Hoxe, no Día do Libro, fíxose a entrega das guías de lectura e marcapáxinas ao profesorado e resto da comunidade educativa. Os encargados, como non, uns entusiastas voluntarios. 











BOLETÍN LITERARIO. 'CON NOME DE MULLER'


O noso boletín literario deste Día do Libro ven 'Con nome de muller' e cargado, como xa imaxinades, de boas recomendacións de libros escritos por mulleres... Botádelle un vistazo!








FELIZ DÍA DO LIBRO!


MULLERES NO DEPORTE

 


Na hora de titoría o alumnado de 4º ESO estivo a levar a cabo unha actividade sobre as mulleres no deporte. 
Consistiu na elaboración dun mural, estruturado en tres partes:
- A primeira aborda as dificultades as que se enfrentaron as mulleres para destacar no deporte, un mundo considerado exclusivamente masculino. Para traballar esta primeira parte visualizaron un documental sobre Katherine Switzer, a primeira muller que en 1967 correu unha maratón, carreira que ata ese momento estaba reservada aos homes. 
- A segunda parte estivo adicada a unha galega que destaca nun deporte pouco valorado como é o fútbol feminino, Verónica Boquete. -
- Na última parte finalmente expuxéronse deportistas cun palmarés destacado e que pola súa condición de mulleres non son xustamente recoñecidos polos seus logros deportivos.

Unha moi interesante e enriquecedora actividade. 





O PREGÓN DO XOVES XA ESTÁ AQUÍ!



Onte, xoves, tocou de novo pregón na biblioteca. 

Ainara, de 2° ESO, e María, de 5°de Primaria, foron as encargadas de anunciar algunhas das actividades que nos esperan para o Día do Libro, de facer una par de recomendacións literarias, amosar o vídeo coa proposta do club de lectura de 1° ESO e regalar algunha lambonada... 

Moi ben feito!! Moitas grazas, mozas!! 






EXPOSICIÓN PREMIOS MARÍA JOSEFA WONENBURGER


No centro temos aberta unha exposición, enviada pola Secretaría Xeral de Igualdade, sobre os premios María Josefa Wonenburger (matemática). Consta de 12 biografías de mulleres que recibiron este premio, dende o 2007 ata a actualidade, ademáis dunha da propia matemática. A exposición está na sala de audiovisuais e pode ser visitada ata o 11 de abril. Unha estupenda maneira esta de coñecer a contribución de mulleres galegas á ciencia e á tecnoloxía. 











POETAS CON TODAS AS LETRAS



Preciosa a exposición 'Poetas con todas as letras'. Fíxoa o alumnado de 1° ESO coa profesora de Lingua Castelá e literatura coincidindo coa Semana da Poesía. 

Agora toca recitar eses bonitos poemas...