DÍA DA POESÍA


Aínda que nós xa celebramos todo un mes de poesía coincidiendo coa conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro, non deixamos pasar, por suposto, O 21 de marzo Día da Poesía, sen algunha actividade...

'Soy la araña de España'


Día da Poesía coas pequenas e pequenos de 3 e 4 anos. Superchula quedou a súa versión de 'Soy la araña de España', de Gloria Fuertes. E cada quen decorou a súa co seu estilo. Artistas!!! 






 


'Transmatria'

Resultado de imagen de transmatria


E tamén neste parte do voluntariado estivo a xogar co profesorado a completar versos do libro 'Transmatria', do compañeiro Daniel Asorey, gañador do Premio libro galardoado no XXI Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu. Grazas a Daniel por este poemario forte, contundente e no que as mulleres son o gran referente, e ás voluntarias e voluntarios, coma sempre, polo seu entusiasmo. 














'Poetas con todas as letras'


Preciosa a exposición 'Poetas con todas as letras', non é? Fíxoa o alumnado de 1° ESO coa profesora de Lingua Castelá e literatura. Agora toca recitar eses bonitos poemas... 




A NOSA BIBLIOTECA INVITADA AOS ENCONTRO PLAMBE


O venres terán lugar os Encontros de bibliotecas PLAMBE. Fomos invitados a participar e alí estaremos a dar unha charla sobre a nosa biblioteca e sobre o labor dun dos nosos maiores orgullos, o alumnado voluntario. Será no Palacio de Congresos, en Compostela. 



CONTACONTOS E MOITAS RISAS


Que ben o pasou onte o alumnado de Infantil e Primaria no contacontos. Un pracer escoitar como participaban e se rían a esgalla...









CLUB DE LECTURA 2º ESO (QUINTA SESIÓN)



E no club de lectura de 2° ESO seguemos nas nosas pescudas para dar co asesino/a. Agatha Christie non nolo pon nada fácil; menos mal que contamos coas células grises do detective Poirot. 

E tamén seguemos coa creación do noso propio cómic...




  
















SUPERHEROÍNAS


No entroido as pequenas e pequenos de Infantil estanse a disfrazar de superheroínas. E as mestras tamén.








MULLERES FUTBOLISTAS


Nota emitida pola clase de 1º de Primaria: 

'As nenas e nenos de Primeiro curso de Primaria escollemos traballar sobre as mulleres futbolistas.  
As mulleres atópanse a día de hoxe aínda con moitas dificultades no recoñecemento da súa valía neste deporte. Vaise avanzando  pouco a pouco. O machismo segue imperando. Son obxecto de discriminación desde moi pequenas. 
Avanzamos... A proba son as novas que aparecen na prensa deportiva na que seleccionamos algunhas páxinas de La Voz de Galicia; programas como El Larguero da cadena Ser informa da liga de fútbol dos equipos femininos; os estadios de fútbol empezan a rexistrar moito público,...
Pero as futbolistas non reciben as mesmas retribucións económicas ca os futbolistas da súa mesma categoría. Son poucas as que poden dedicarse profesionalmente a este deporte sen ter outros ingresos. 
  Andrea Carid ou Verónica Boquete son mulleres futbolistas que empezaron moi nenas e saben moito de todo isto. 
E como non, no Entroido disfrazámonos todas e todos de MULLERES FUTBOLISTAS. 
Animo mulleres!'





FRIDA KAHLO



As mozas e mozos de 2º de Primaria neste Ano das Mulleres estiveron a traballar coa súa titora sobre Frida Kahlo. 

A actividade consistiu, en primeiro lugar, en ler sobre a vida e obra de Frida Kahlo, colorear as obras de Frida e debuxar a Casa Azul, lugar onde viviu Frida e que hoxe está convertida en museo. 










Logo realizaron copias e explicóuselles algunhas das súas frases máis célebres. Finalmente no Entroido, as nenas disfrazáronse de Frida e os nenos de mexicanos. Xa as vichedes o ben que ían todas e todos polas rúas do pobo... 





8 DE MARZO. DÍA DA MULLER.



CON LETRA DE MULLER - Unhas en pixama, outros con mandil e gorros varios anticipando o Entroido pero preparándonos xa para o 8 de marzo, o Día da Muller... 



BIOGRAFÍAS - A muller segue sendo a protagonista no noso centro. O alumnado de 3° e 4° de Primaria traballou moito e ben nas biografías de mulleres relevantes. É nós, co gallo do 8 de marzo, expuxémolas na biblioteca para ser lidas por todas e todos. 













CLUB DE LECTURA 3º E 4º ESO (CUARTA SESIÓN). CLUB DE LECTURA DE 1º ESO (TERCEIRA SESIÓN)



Esta semana no club de lectura de 1° - 'A balada dos unicornios' - tocou falar un chisco dos novos capítulos lidos e xogar a 'Personaxe misterioso'

Logo, entrega de premios ao equipo gañador (a verdade é que houbo lambonadas para todxs) e foto con sorriso antes da despedida. 


E no de 3°e 4°- 'O que sei do silencio' - estamos a piques de rematar xa a lectura. Estivemos a falar e comentar dándolle voltas á confesión do acoso escolar a Silke e o perigo do silencio. Vémonos de novo en 15 días...