CLUB DE LECTURA 1º ESO. 'AS MEIGAS DE LUPA'. (PRIMEIRA SESIÓN)


Esta mañá arrancou o club de lectura de 1°ESO. E comezou con sorrisos, agasallos e a ilusión de poñernos coa lectura de 'As meigas de Lupa', de María Solar. Esta novela promete e moito!











NORABOA, VERÓNICA BOQUETE!!

La imagen puede contener: una persona, sonriendo, primer plano

O Estadio de San Lázaro pasará a ter nome de muller, o da deportista Verónica Boquete. Bonito e merecido recoñecemento. 

NORABOA!! 

VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS 2018/2019. BATENDO RÉCORDS.



Aquí están as voluntarias e voluntarios da biblioteca para este curso 2018/2019. Temos cantidade... e calidade. Nada menos que 62 rapazas e rapaces de 5º e 6º de Primaria e dos catro cursos da ESO dispostxs a botar unha man! 

Un novo récord! É ou non é para estar orgullosxs?









'AMOR POR CATRO', DE HELENA VILLAR JANEIRO


Amor por catro está formado por historias de amores primeiros, eses que deixan a máis grande pegada no corazón. Os que non se esquecen. Amores que nos acompañarán na memoria para o resto das nosas vidas.
Nestes relatos atoparemos historias e vidas de xente nova que experimenta o amor, ás veces dende o conflito, mais sempre dende un forte desexo. A autora ocúpase de moitos dos perfís do amor, sen deixar de enfrontarse a temas espiñentos como a violencia de xénero. Un libro co que, estamos certos, han identificarse persoas de todas as idades. Porque todos amamos. 

CLUB DE LECTURA 3º/4º ESO. 'AMOR POR CATRO'. (PRIMEIRA SESIÓN)


Hoxe tivemos a primeira xuntanza do club de lectura de 3°e 4° ESO. 'Amor por catro', de Helena Villar Janeiro vai ser a nosa lectura por uns días. 

Comezamos! Xa iremos contando... 


A MALETA DA IGUALDADE NA HORA DE LER


A Maleta da Igualdade de Secundaria xa está con nós para quedarse todo este mes. Ven cheíña de moitas e moi interesantes lecturas... Hoxe empezou o seu percorrido na Hora de Ler con 1°ESO.


AS BOLSAS VIAXEIRAS PONSE EN MARCHA...


As bolsas viaxeiras están a comezar o seu percorrido polas casas do alumnado de Infantil. Estas son as imaxes da posta en marcha da de 5° con Roque, a mascota que as acompaña. Gozade das lecturas en familia e xa nos ides contando... 

Boa viaxe e boas lecturas! 



VOLUNTARIADO DA BIBLIO: FESTA-ENCONTRO




Abarrotada estivo hoxe no recreo a biblioteca. Chea de rapazas e rapaces voluntariosxs dispostxs a botar unha man nas tarefas de organización da biblioteca. Un luxo poder contar con tanto alumnado de 5°e 6° de Primaria e da ESO; todo un récord o de este ano... A todas e todos querémoslles decir novamente agora desde aquí, non nos cansaremos de repetilo... 

MOITAS GRAZAS!! 




CLUB DE LECTURA 2º ESO. 'A BALADA DOS UNICORNIOS'. (PRIMEIRA SESIÓN)


Hoxe comezaron as sesións do club de lectura. A de esta mañá foi co alumnado de 2° ESO. 20 alumnas e alumnos dos 22 da clase son membros do club. Non está mal a porcentaxe, verdade? E ademais tamén uniuse profesorado para compartir a lectura. Van ser unhas xuntanza moi amenas e concurridas... 

Hoxe tocou repartir o calendario de reunións, cuñar e repartir os libros que leeremos este trimestre- diso encargouse o secretario desta sesión- sinalar os capítulos para ler na casa e comentar o vindeiro día... E houbo varios agasallos: libretiñas, bolis, marcapáxinas, algunhas chuches... 

Unha sesión chea de sorrisos e da ilusión polo comezo desta nova lectura, 'A balada dos unicornios', que de seguro lles encantará. É de Ledicia Costas e iso sempre é garantía. 

Xa iremos contando...













'A BALADA DOS UNICORNIOS', DE LEDICIA COSTAS

Resultado de imaxes para a balada dos unicornios

A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución… e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.

Fantasía, aventura, ciencia ficción... agardan por nós nesta nova lectura do club.  


ERES DO EQUIPO DE VOLUNTARIXS?...



Se estás no equipo de voluntarixs da biblioteca, este mércores 31 de outubro temos festa-encontro así que...

NON FALTES!!


DÍA DAS BIBLIOTECAS


Estamos a celebrar nesta semana o Día das Bibliotecas. Onte tivemos xuntanza na biblioteca co alumnado de Primaria (unha pena que por un pequeno problemiña non teñamos ningunha foto...) e hoxe co de Secundaria, da que vos deixamos algunhas imaxes. 

Aproveitando esta celebración do Día das Bibliotecas fixemos a inauguración "oficial" do curso e da biblioteca tras as reformas. Falamos do proxecto deste ano no colexio, o Ano das Mulleres, repartíronse os marcapáxinas que fixemos para esta data e entregáronse ademais os Pasaportes lectores para que os vaian completando e poder gañar así estupendos agasallos. 





Falamos tamén de poesía e lemos entre todxs algúns bonitos e divertidos poemas. O lema nas bibliotecas escolares de Galicia este ano é 'Poéticas Diversas' e desde a nosa biblioteca faremos as nosas aportacións 'poéticas'. 





Por suposto, o alumnado de 5º, 6º de Primaria e de ESO puido apuntarse como voluntarixs para este curso. Houbo cola para anotarse así que teremos un equipo de axudantes moi grande; este ano será de récord. E coas mozas e mozos de Secundaria charlamos ademais do club de lectura Lectourxs, que comeza a semana que ven e no que temos unha alta participación como ven sendo habitual. 


Xa para rematar vimos xuntos o mini vídeo que podedes ver ao final desta entrada. 

O venres tocoulle ao alumnado máis miúdo, o de Infantil. Con elxs, ademais de gozar dalgún poemiña, estivemos a pintar Lectouriñas, a nosa mascota, para decorar a biblioteca. Estxs pequenxs son verdadeirxs artistas...


















BENVIDXS TODXS Á BIBLIOTECA!!! 

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!