As bolsas viaxeiras están a comezar o seu percorrido polas casas do alumnado de Infantil. Estas son as imaxes da posta en marcha da de 5° con Roque, a mascota que as acompaña. Gozade das lecturas en familia e xa nos ides contando...
Abarrotada estivo hoxe no recreo a biblioteca. Chea de rapazas e rapaces voluntariosxs dispostxs a botar unha man nas tarefas de organización da biblioteca. Un luxo poder contar con tanto alumnado de 5°e 6° de Primaria e da ESO; todo un récord o de este ano... A todas e todos querémoslles decir novamente agora desde aquí, non nos cansaremos de repetilo...
Hoxe comezaron as sesións do club de lectura. A de esta mañá foi co alumnado de 2° ESO. 20 alumnas e alumnos dos 22 da clase son membros do club. Non está mal a porcentaxe, verdade? E ademais tamén uniuse profesorado para compartir a lectura. Van ser unhas xuntanza moi amenas e concurridas...
Hoxe tocou repartir o calendario de reunións, cuñar e repartir os libros que leeremos este trimestre- diso encargouse o secretario desta sesión- sinalar os capítulos para ler na casa e comentar o vindeiro día... E houbo varios agasallos: libretiñas, bolis, marcapáxinas, algunhas chuches...
Unha sesión chea de sorrisos e da ilusión polo comezo desta nova lectura, 'A balada dos unicornios', que de seguro lles encantará. É de Ledicia Costas e iso sempre é garantía.
A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución… e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.
Fantasía, aventura, ciencia ficción... agardan por nós nesta nova lectura do club.
Estamos a celebrar nesta semana o Día das Bibliotecas. Onte tivemos xuntanza na biblioteca co alumnado de Primaria (unha pena que por un pequeno problemiña non teñamos ningunha foto...) e hoxe co de Secundaria, da que vos deixamos algunhas imaxes.
Aproveitando esta celebración do Día das Bibliotecas fixemos a inauguración "oficial" do curso e da biblioteca tras as reformas. Falamos do proxecto deste ano no colexio, o Ano das Mulleres, repartíronse os marcapáxinas que fixemos para esta data e entregáronse ademais os Pasaportes lectores para que os vaian completando e poder gañar así estupendos agasallos.
Falamos tamén de poesía e lemos entre todxs algúns bonitos e divertidos poemas. O lema nas bibliotecas escolares de Galicia este ano é 'Poéticas Diversas' e desde a nosa biblioteca faremos as nosas aportacións 'poéticas'.
Por suposto, o alumnado de 5º, 6º de Primaria e de ESO puido apuntarse como voluntarixs para este curso. Houbo cola para anotarse así que teremos un equipo de axudantes moi grande; este ano será de récord. E coas mozas e mozos de Secundaria charlamos ademais do club de lectura Lectourxs, que comeza a semana que ven e no que temos unha alta participación como ven sendo habitual.
Xa para rematar vimos xuntos o mini vídeo que podedes ver ao final desta entrada.
O venres tocoulle ao alumnado máis miúdo, o de Infantil. Con elxs, ademais de gozar dalgún poemiña, estivemos a pintar Lectouriñas, a nosa mascota, para decorar a biblioteca. Estxs pequenxs son verdadeirxs artistas...
O Club de lectura abre a súas portas un curso máis. A que esperas para unirte?
Se eres alumna ou alumno de ESO, profesora ou profesor de Primaria ou Secundaria, personal non docente, nai/pai de alumnado do colexio.... se pertences á Comunidade Educativa do CPI Fonte Díaz podes unirte ao club e compartir con nós as estupendas lecturas que nos esperan.
As xuntanzas serán quincenais, os martes e venres e haberá tres grupos, un de 1º, un 2º e outro 3º/4º ESO. Podes unirte ao que máis che apetezca.
Fai uns días graduábase o alumnado de Infantil, e o pasado luns facíao o de 4º da ESO. Vanse do centro. Pero isto non é máis que un ata logo; esperamos que nos visiten e nos teñan ao tanto de como vai todo...