SENTIDO DA AMIZADE. 75 ANIVERSARIO DE 'O PRINCIPIÑO'


As alumnas e alumnos de Francés, coa súa profesora, coincidindo co Ano dos Sentidos no colexio e o 75 aniversario de 'O Principiño' fixeron unha preciosa homenaxe a este personaxe e o que representa: a amizade, a tenrura, a sensibilidade, a empatía, o amor. 

Debuxos e pinturas, marcapáxinas, escolla de frases do libro en varios idiomas, portadas de edicións publicadas en diferentes partes do mundo... Un maravilloso traballo!! Noraboa!!

Aquí deixamos algunhas imaxes da exposición, das e dos artífices desta marabilla e do traballo previo...  











 









 

















CONCURSO 'FLORES, OLORES, AMORES Y SINSABORES'


Comeza xa o gran e "perfumado" concurso organizado polos departamentos de Lingua Castelá e Ciencias,'Flores, olores, amores y sinsabores'.



O sentido do olfato, as flores e a poesías son os protagonistas. Aquí tes as normas. Son ben sinxelas… 




Anímate a participar!!!


























BOTA A LINGUA A PACER... COS SENTIDOS


Integrada a actividade dentro da iniciativa Bota a lingua a pacer do EDNL para as Letras Galegas, as profesoras de Infantil animáronse a traballar co seu alumnado unhas frases moi ao xeito co proxecto deste ano dos sentidos. E así de bonitiñas quedaron... 










ENCONTRO CON HÉCTOR CAJARAVILLE


Esta mañá tivemos a xuntanza no club de lectura de 3º e 4º co escritor Héctor Cajaraville. Falounos da súa obra, da súa traxectoria como escritor, da evolución do seu xeito de narrar; respondeu tamén ás cuestións plantexadas polo alumnado en torno a O segredo da casa de Formosa; visitou a biblioteca, firmou no Libro de visitas... Un encontro moi agradable e enriquecedor. 

Grazas desde aquí­ ao autor pola súa amabilidade e xenerosidade e os nosos parabéns pola súa novela, todo un éxito entre o alumnado lector. 

















BLANCA MILLÁN NA NOSA BIBLIO





Seguindo coa celebración das Letras Galegas e invitada polo Equipo de Normalización Lingüística, estivo con nós na biblioteca, como xa vimos anunciando, a escritora e ilustradora Blanca Millán. Un verdadeiro pracer a súa visita. Firmounos no Libro de visitas e contounos uns contos seus fermosísimos: 'Lola e as 21 vacas', 'A maxia de mamá' e 'Manuela'. Como disfrutaron deles as rapaza e rapaces de Infantil e dos dous primeros cursos de Primaria... 

Esperámola de novo por aquí ben pronto!!