SENTINDO AS CORES




Co gallo de que este curso o adicamos aos SENTIDOS, o alumnad@ de 3º de primaria estivo a experimentar coas cores, e a escala cromática e realizou varias actividades:

- Círculo cromático coas cores primarias e secundarias .
- Diferenciación entre cores frías e quentes.
- Cores complementarias.
- Clasificación dunha serie de cadros pintados por distintos autores (Picasso, Monet, Cézane, Van Gogh, Camille Pissarro, Degas, Renoir, Matisse, Munch...),segundo distintas gamas cromáticas: gamas de cores por familias, gama de cores fríos, gama de cores cálidos, composicións armmónicas e composicións contrastadas.
- Despois da observación dos distintos cadros (que quere expresar o autor, se gusta e por que, que sentimos ante el...) e unha vez feita a exposición, cada alumn@ pintou o seu propio cadro, púxolle título, facendo reflexión do por qué das cores utilizadas e  o que pretende expresar mediante a súa pintura.
- Pequenas biografías dos pintores traballados.
-  Autobiografía.


Para a realización das distintas actividades ademais do material tanxible (pinceis, bandexas para mezclar cores, pinturas, botes, láminas...) recórdanos Pilar, a titora, que estiveron a utilizar o ordenador para imprimir obras pictóricas usadas e escoitar explicacións en Youtube sobre “Teoría del color”,  e libros da biblioteca escolar para informarnos dos distintos pintores e a súa obra. Me llamo Picasso, Me llamo Van Gogh, Así es Matisse, Así es Van Gogh, Picasso el cubista, Picasso,sus obras, Picasso 1881-1914, Arte para niños, Lo mejor del arte del siglo XX, Claude Monet e Cubismo, entre outros.

E finalmente xurdiu  debate de por que se ven as cousas de distintas cores, diferencias entre a cor blanca e a negra, se os animais ven a cor…


Xa vedes que foi unha experiencia moi enriquecedora. 


 








 





E esta é a bonita e colorista exposición que colocaron no corredor...










AS EMOCIÓNS E O ARTE


As alumnas e alumnos de 6º de Educación Infantil estiveron a traballar coa súa profe, Rocío, as emocións. E o fixeron ademais a través do arte.

Escolleron 5 cadros significativos- A orella de Van Gogh, A medusa, A moza da perla, Cadrados con círculos concéntricos, O grito- e o alumnado foi quen de reproducilo empregando diversas técnicas plásticas. 

E ademáis, fixeron una ficha co título do cadro, o país de orixe, o autor e as emocións que lles causaba a través dos diversos sentidos que plasmaron debuxando...

Completa e preciosa actividade. E mirade, mirade, que marabillas!! 



















LETRAS GALEGAS 2018

 

Deixamos nesta entrada as actividades que se desenvolveron na semana das Letras Galegas e algúns enlaces a recursos educativos para esa data: 


RECURSOS


- Poema Lúa de prata de Mª Victoria Moreno interpretado polo grupo Fuxan os ventos. 



      - Paisaxes e personaxes
      - Marcapáxinas


- Constelación literaria de Mª Victoria Moreno. Material deseñado pola Asesoría de bibliotecas escolares.

ACTIVIDADES


- Mulleres que Contan, actividade na que a través do gran xogo 'quen é quen' o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO coñeceu a vida e obra de Marí­a Victoria Moreno e outras mulleres. Organizado pola Deputación e a área de Cultura do Concello de Touro






--x--

- Encontro do Club de lectura e demais alumnado de 3º e 4º ESO co autor Héctor Cajaraville para falar da súa novela O segredo da casa de Formoso. A visita tivo lugar o 24 de maio













--x--

- Visita da ilustradora e escritora Blanca Millán, antiga alumna deste colexio, que veu a falarnos da súa obra. 

Seguindo coa celebración das Letras Galegas e invitada polo Equipo de Normalización Lingüística, estivo con nós na biblioteca, como xa vimos anunciando, a escritora e ilustradora Blanca Millán. Un verdadeiro pracer a súa visita. Firmounos no Libro de visitas e contounos uns contos seus fermosísimos: 'Lola e as 21 vacas', 'A maxia de mamá' e 'Manuela'. Como disfrutaron deles as rapaza e rapaces de Infantil e dos dous primeros cursos de Primaria... Esperámola de novo por aquí ben pronto!!






--x--



- Maratón de lectura. Cada alumno e alumna do centro leu un fragmento de Mar adiante, de Mª Victoria Moreno, e entre todas e todos fíxose a lectura íntegra da novela. 

Todo o alumnado- Infantil, Primaria e Secundaria- foi gravado e aquí está o resultado, o vídeo do maratón de lectura, en tres partes. 

Picade e veredes...

VÍDEO DE INFANTIL, 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA


VÍDEO DE 4º, 5º e 6º DE PRIMARIA


VÍDEO DE 1º, 2º, 3º e 4º DE SECUNDARIA


Ao fondo do escenario para este Maratón de lectura estivo o precioso traballo feito polo alumnado de Infantil de 3 e 4 anos, cun chisquiño de axuda das súas profes ben é verdade, para ambientar a biblioteca para a grabación. 

É o Arroás, o barco-escola protagonista de Mar adiante, a novela de María Victoria Moreno coa que fixemos a nosa particular homenaxe á autora. Da pintura dos rapaces e rapazas que imos decir… que son uns e unhas artistas!!



E non podía faltar a exposición de libros de María Victoria Moreno, por suposto. 


--x--



Bota a lingua a pacer, actividade na que os distintos grupos de Infantil, Primaria e Secundaria escribiron en globos-posters frases populares, ditos, refráns,... da lingua galega. 



INFANTIL 





SECUNDARIA

 


 



PRIMARIA


 

--x--

Exposición sobre a figura de María Victoria Moreno nos corredores, que foi visitada polo alumnado.





--x--

- Música en directo interpretada polo alumnado e profesorado nos patios e corredores