LENDO A HARRY POTTER



Este venres houbo lectura en alto na biblioteca. Pablo estivo a ler un fragmento dun dos seus libros favoritos, 'Harry Potter y las reliquias de la muerte', a alumnado voluntario, a María, Martí­n e José Andrés.

Todo un pracer! Moitas grazas, Pablo!! 













RECURSOS PARA O DÍA DO LIBRO. PRIMARIA



Aquí tendes algunas ideas para desenvolver na aula co gallo do Día do Libro. Esperamos que vos gusten... 

1

A BRUXA QUITAVOGAIS

Completar por grupos os títulos dalgúns famosos contos...









E diploma para o grupo más rápido en dar con todos os títulos.




2

BINGO LITERARIO


Repartense uns cartóns nos que os e as participantes deben escribir nove palabras importantes dun conto que xa teñamos elexido e que coñeza todo o alumnado do grupo. Empezamos a ler o conto despacio, e cando un rapaz ou rapaza teña as súas nove palabras tachadas di Bingo! Párase entón a lectura e compróbase. Pódese ler o conto ata o final e que sigan cantando bingo, así é menos frustrante para quen non cantou bingo en primeiro lugar.


E diploma para a nena ou neno más rápido en cantar Bingo!


3

ÁRBORES DE POESÍA

Débense ter preparadas unas fotocopias en cartolina verde de arboliños. Cada rapaz/a recortará o seu e escribirá un breve poema relacionado coas árbores, a primavera, ou tema libre, como se prefira. Logo lense en alto, decóranse e pódense exponer pola clase, polos corredores ou na biblioteca.



4

BOOK

Vídeo sobre o revolucionario invento chamado Book




5

O PREGUNTOIRO




Pica AQUÍ e a xogar!



6

PARCHÍS ORTOGRÁFICO


Pica AQUÍ e a xogar!




LECTURAS NA ESCOLA INFANTIL E NA RRESIDENCIA


Hoxe toca recordar as visitas que parte dos voluntarios e voluntarias da Biblioteca realizaron á Residencia e á Escola Infantil na semana anterior ás vacacións.

Máis que magníficas estas dúas experiencias con lecturas compartidas, poesías, contos e tenrura cos nosos maiores e contacontos, risas e diversión cos máis pequenos.

Unha xornada para recordar!! Tanto por aquí como por alá quedaron moitas moitas ganas de repetir... 











OS SENTIDOS E AS EMOCIÓNS: 'EMOTICORES'





O alumnado de 5º e 6º de Primaria tivo a sorte de ir ver esta semana Emoticores e traballar coas súas emocións. Emoticores é un espectáculo de danza onde as emocións toman forma a través das cores e o movemento que, conxugado co son e as proxeccións audiovisuais, ten como obxectivo axudar aos mozos para identificar as emocións.



'CONTO E RECONTO...'. FIN DE TRIMESTRE


Hoxe,  23 de marzo, día antes das vacacións tivemos, como ven sendo habitual, as actividades de fin de trimestre da Biblioteca: vimos o vídeo 'Conto e reconto' co resumo do feito durante o segundo trimestre, repartimos as guías de lectura coas recomendacións, falamos das novidades na organización da biblioteoca, recordaronse algunas das normas para un mellor uso e disfrute da mesma, houbo algún xogo,... e todo presentado, e maravillosamente presentado ademais, por dúas estupendas voluntarias, Natalia de 3º ESO e Claudia de 6º de Primaria.

Aquí deixamos unas imaxes... Por certo, o reportaxe gráfico correu a cargo de Martín e José Andrés de 4º ESO.







 





































E onte viñeron ata a biblioteca o alumnado de Infantil, que veu un episodio de Peppa Pig, e cantou unha chea de cancións. Aquí­ deixamos algunhas imaxes desa bonita xornada...