As mochilas viaxeiras xa están de volta...


E máis cousas que pasan por aquí...

Esta semana chegaron de volta á biblioteca as 'mochilas viaxeiras'. E qué pracer ver as imaxes e ler as impresións sobre os libros "viaxeiros" que nos deixaron os rapaces e rapazas de 1º, 2º e 3º de Primaria nas libretas. Viaxaron moito estas mochilas e estiveron en moi moi boa compaña... E ademáis viñeron con unhas preciosas máscaras que gardaremos con moito cariño na biblioteca.





  































 




  






'Estrea mundial' no colexio...


Hoxe foi a "estrea mundial" no Centro de Metamorfose, o curto baseado no micro de Xián Barreiro Codesido gañador do certame do programa "Suprime o control" organizado pola Deputación de A Coruña. Noraboa a Xián, a Rocío, a Sergio e a todo o grupo de ·3º ESO. Un moi bo traballo!

Aquí tedes as imaxes da xornada  co público- o alumnado 5º e 6º de Primaria e o de Secundaria, e os protagonistas- no acto de hoxe. Un acto no que, non debemos esquecer, ademáis de dar os parabéns pola magnífica labor, lembrouse o obxectivo final do certame de micros e deste curto: a concienciación e a loita contra a violencia de xénero. Entre todas e todos conseguirémolo.






 



 




'Tod@s somos lectour@s'


'TOD@S SOMOS LECTOUR@S', si, é o lema da bonita exposición de fotos d@s lectour@s cos seus libros. Son algnhas das imaxes que sacamos co gallo do Día do Libro.

Queredes velas? Pois aquí as tedes...