Esta semana a biblioteca estivo moi concorrida. Entre a Graduación dos mozos e mozas de Infantil que estarán xa en Primaria o vindeiro curso e a benvida ás pequenas e pequenos que comezarán Infantil en setembro, a biblioteca estivo, como decimos, chea. Chea de nervos, de sonrisas, dalgunha lágrima, de agasallos, de recordos, de cariño, de nostalxias,... e de ilusións. Uns comezan e outros continúan o camiño... Sorte!!
Poñéndose de gala...
A nosa querida mascota, Lectouriña, estase poñendo xa de gala, con birrete e todo, para a celebración deste xoves. A que lle queda ben?
Canto obras de Julio Verne coñeces?
Atréveste cun xogo sobre a obra de Julio Verne? Veña, que non se diga! A ver cantas acertas.... Pica AQUÍ
Un pequeno percorrido pola Güaiana Francesa...
Unha charla moi amena e interesante a que veu dar ao colexio o pasado 23 de maio Andrea Mosquera. O alumnado da ESO puido enriquecerse coñecendo outras culturas, outro modo de pensar, a través da experiencia de Andrea na Güaiana Francesa. Xa colaborara esta querida exalumna con Lourdes, a profesora de francés e a organizadora desta charla, no intercambio epistolar entre o alumnado de francés do noso colexio e o do Collège Paul Kapel.
Moitas gracias a Andrea e a Lourdes por posibilitar e facer realidade estes encontros.
Unha proposta 'de conto' para esta fin de semana
Que non sabedes que facer mañá pola mañá cos cativos e cativas da casa? Pois unha boa opción é a proposta da biblioteca Ánxel Casal en Compostela. Nos seus 'Sábados choiva de contos', sesión de narración oral 'Animalia' de 12:00 a 13:00 horas para público de 4 a 12 anos. Animádesvos?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















































