Día do libro. Os nosos lectores/as (2)


Seguimos cos nosos lectores e lectoras e os seus libros queridos.

Agora toca o turno ao alumnado de 1º de Primaria e aos pequeniños e pequeniñas de Infantil. Bos e boas lectoras desde ben pronto. Así da gusto!!

















































Día do libro. Os nosos lectores/as (1)

Empezamos, como prometemos, coa reportaxe gráfica da celebración no colexio do Día do libro. Iremos ao longo da semana subindo, pouco a pouco, todas as imaxes.

E comenzamos xa cunha das actividades da xornada: a fotografía de cada alumna/o co seu libro favorito.

Hoxe toca o alumnado de 3º, 4º A, 4º B, 5º e 6º de Primaria. Preciosas fotos, xa veredes... E mañá, máis.












































Día do libro. Marcapáxinas



Estos son os marcapáxinas conmemorativos do Día do libro 2017 que se repartiron polo colexio e polo pobo.

Se vos gustan e non tendes algún, podedes imprimilo... e a presumir de punto de libro! 





Infantil



Primaria



Secundaria



Día do libro. Boletín literario



Este é o noso boletín literario especial para o Día do Libro.

Esperamos que vos guste!!






FELIZ DÍA DO LIBRO!!


Estupenda xornada a de hoxe celebrando o Día do Libro. Son moitas as imaxes que se fixeron das varias actividades  desenvolvidas- contacontos, taller de minilibros, charla sobre Isaac Díaz Pardo, photocall 'quixotesco', os muíños de vento, boletín da biblioteca, cuncas literarias, marcapáxinas solidarios, proxección de Engurras...-  e dos seus protagonistas: os rapaces e rapazas e, por suposto, os libros.

Pronto teredes boa conta de todo o acontecido hoxe no colexio e polo pobo. Mentras tanto...


FELIZ DÍA DO LIBRO!!! 




Natural Reader


Do you have to read an English text but prefer to listen to it? Natural Reader helps you. This app  converts any written text into spoken words.

Click on the link below and try!



El Quijote en fiera y desigual batalla contra los molinos de viento...


'Nata y chocolate', de Alicia Borrás


Esta é a opinión duns rapaces e rapazas de Nigrán sobre o libro Nata y chocolate, de Alicia Borrás. Pero interésanos tamén a vosa opinión? Algúns de vós puidéchelo ler este ano na clase de Lengua Castellana y Literatura así que decídenos...  Gustouche? Que foi o que máis che gustou? A historia, quizais? Os personaxes? Recomendaríalo?  



E para as e os que non gozachedes todavía da súa lectura, lembrade que está a esperar por vós  na biblioteca...


As emocións de Nacho


Comenzamos hoxe esta sección adicada a recomendacións para as familias, para todas e todos vós, cun libro sobre as emocións. Se sodes nai ou pai dun raparigo/a de 3 ou máis anos, este primer libro das historias de Nacho, Las emociones de Nacho, pode ser unha boa lectura para compartir con elas e eles.

Nacho experimenta moitas emocións: rabia, medo, tristura ou ledicia. No libro descríbense as sensacións físicas para cada emoción e pregúntaselle á personiña miúda que emoción lle produce cada unha das cousas debuxadas; logo cóntase a historia de Nacho con viñetas tipo cómic e remata o libro cunha sinxela actividade. 

É un libro moi bonito e vistoso para as nosas pequenos e pequenos lectores. Se o queredes ler en familia, á vosa disposición está na biblioteca.