O paseo de hoxe pola biblioteca


Hoxe, día 22 de novembro, toca ver o que pasa no recreo na biblioteca. Vexamos... 

Hai lectores de gustos muy semellantes, como vedes na imaxe de arriba (que terán esas "zapatillas rojas"...), e hai entusiastas dos puzles,




outros facendo consultas nos ordenadores, porque os ordenadores son para eso, para facer traballos e as consultas que se precisan, 




algúns aproveitando os últimos momentos de estudo e repaso antes do exame,... 




e os voluntarios axudando coma sempre... 


e tamén, por suposto, as dúas alumnas que hoxe deron montado, e moi rapidiño, o "ovo de Colón" , xogo nada doado, non creades...

Alicia

Marta

Foi un bo día na biblioteca. E Lectouriña está ben contenta de vervos por aquí e sentirse acompañada...  

Saúdos!

Club de lectura Lectour@s. Comenzamos 'Engurras', de Paco Roca


Hoxe no Club de lectura de 3º e 4º da ESO tivemos a presentación da novela gráfica que nos vai ocupar nas próximas xuntanzas, e tivemos tamén reparto de libretiñas, dos carnés do Club para este curso... e algún que outro doce. 

Queredes saber cal será a nosa lectura, si? Pois será 'Engurras', de Paco Roca. Xa vos contaremos... Aquí tendes o noso selfie ao final da sesión, con dúas ausencias: unha alumna que non puido vir e outra que se escondeu, non sei como, para non saír. Na próxima xa as veredes. Ata daquela...


Lectour@s. Comenzamos no Club con 1º e 2º ESO... e con Esmeraldina.


Comenzamos!

Si, este mércores 9 de novembro, tras a especial inauguración do luns, deu comenzo a andadura lectora do Club de lectura Lectour@s de 1º e 2º da ESO. Veu cheo este inicio de doces, risas... e a máis que agradable sorpresa da nova lectura: 'Esmeraldina, a pequena defunta', de Ledicia Costas.

Co que vos gustou 'Escarlatina, a cociñeira defunta', esta Esmeraldina e a súa historia promete horas de divertida e engaiolante lectura. Xa iremos falando, parécevos?

Por agora deixámosvos as imaxes desta primeria sesión...







Os cincoenta magníficos!

6º de Primaria
Entre unha cousa e outra esquecérasenos presentarvos aos nosos voluntarios e voluntarias deste curso, verdade? Se son un elemento fundamental... Pois vamos poñerlle remedio a esto xa!

Aquí están os cincoenta magníficos de 6º de Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO que contribúen día a día a manter a orde e axudar aos usuarios da biblioteca nos recreos. 

Ben orgullosos que estamos deles e delas! 

E ben agradecidos que lles estamos tamén! Grazas!!

1º de ESO

2º de ESO

3º de ESO

4º de ESO


Saúdos de Lectouriña!

Inauguración do Club de lectura 2016/2017 co gañador da X edición do Premio Narrativa Breve Repsol


O luns 7 tivemos a inauguración oficial do Club de lectura Lectour@s para este curso, pero non foi como outros anos; nesta ocasión foi unha inauguración moi moi especial. 

Daniel Asorey- o profesor de galego e gañador da X edición do Premio Narrativa Breve Repsol- estivo con nós contestando amablemente as preguntas que lle ían/íades facendo os membros do Club. Falamos de moitas cousas con el, verdade? Falamos sobre os seus libros favoritos, as súas rutinas como escritor, a literatura xuvenil actual, sobre o Premio obtido e, por suposto, sobre o seu libro: a orixe, os personaxes, a temática,... Unha charla amena e distendida grazas o voso bo facer como xornalistas e a Daniel, por supusto, polas suás amables, sinceras e enriquecedoras respostas. Xa nos tarda, a decir verdade, o poder contar co seu libro na biblioteca.

Deixámosvos algunhas imaxes do día...













'Diario de Nikki'. Photocall.


Os alumnos e alumnas que van lendo unha das nosas novidades, Diario de Nikki, de Rachel Renée Russell , pasan ao rematar o libro polo photocall. E o máis importante, ademáis da foto, e que lles gusta moito a novela. Así que a vindeira semana estará o número 2 xa na nosa biblioteca. Por agora- virán máis seguro- aquí tendes as dúas nosas primeiras lectoras do libro. Coñecédelas?... 



Saúdos de Lectouriña!
;)

Unha escolla de libros que mete medo...



Agora que se achegan uns días sen clase nos vos esquenzades de pasar pola biblioteca. "Mete medo" a escolla de libros que vos temos preparados.

Mirade o video... Que? Cal ides ler?

Esperámosvos na biblioteca!


Saúdos de Lectouriña!

Unha lectura para Halloween: 'Otra vuelta de tuerca', de Henry James


E tamén vos deixo unha lectura, unha das que podedes atopar na biblioteca á vosa disposición; é unha historia moi axeitada para pasalo "de medo" na noite de Halloween. Trátase de Otra vuelta de tuerca, do gran autor americano- nacionalizado inglés- Henry James.

A historia ten como protagonista a unha moza, unha institutriz ao coidado de dous nenos nun mansión victoriana. Aparicións, elementos sobrenaturais, mortes en estranas circunstancias... e unha tensión que vai en aumento páxina tras páxina e que che impide soltar o libro. 

Que me dis? Atréveste?

Saúdos de Lectouriña!

Unha adiviña? (2)


Fóstedes quen de dar coa resposta da primeira adiviña? Podedes lela de novo AQUÍ...  Que me dicides? Si? Xa a tendes? Pois veña, aí vai a segunda adiviña deste Halloween...


"Teño unha cabeza redonda, sin nariz nin fronte nin ollos, 
e o meu corpiño ten soamente uns dentes moi brancos." 

Non digades que non é sinxela esta tamén...


Saúdos de Lectouriña!

Xa está aquí, xa chegou...

Que si, que si!! Que o Halloween xa chegou á Biblioteca!! Que non me credes? Mirade, mirade....



Saúdos terroríficos de Lectouriña!!


Unha adiviña? (1)


Queredes xogar ás adiviñas? Pois a ver, a ver se adiviñades pola imaxe para que celebración estamos a decorar a Biblioteca...  A cousa está doada, non?

Halloween, claro!! Pero esa non era a adiviña; aquí vai, agora si, a primeira destas adiviñas. Recordade que as respostas sempre terán algunha relación con Halloween... 

Que cousa é que canto máis intensa se fai menos se ve?

A que xa a sabedes? Seguro que si. Pero se non dades con ela, nos vos preocupedes; na semana que ven sacaremos as respostas de todas as adiviñas propostas...  

Saúdos de Lectouriña!

MAXIA NA BIBLIOTECA. A MAXIA DE LER. APERTURA "OFICIAL" DA BIBLIOTECA



Ola, xa estamos de volta, e con ganas de facer xuntos, vós e nós, moitas coas. Así que empezamos!
Entre os pasado xoves para os alumnos e alumnas de Secundaria e hoxe luns, 10 de outubro, para os e as de Infantil e Primaria, fixemos a apertura "oficial" de Biblioteca. MAXIA NA BIBLIOTECA. A MAXIA DE LER, así se titulou esta pequeno acto no que houbo un recordatorio para Roald Dahl, o célebre escritor do que se celebra este ano o centenario do seu nacemento; e houbo tamén exposición de novidades e novas adquisicións, suxestións por parte do alumnado e incluso tivemos tempo para algún número de maxia. Aquí tendes un vídeo con algúns momentos desta actividade. Esperamos que vos guste. :)
E, xa sabes, esperámosvos, Lectouriña tamén, na Biblioteca...


Saúdos de Lectouriña!

Lecturas neste tercer trimestre: 'Dragal. A herdanza do dragón' e 'A rateira'


Ola!

Seguro que queredes saber con que lecturas andamos a voltas nestes últimos meses do curso no club de lectura, verdade? Pois aquí as tedes!

No club e lectura de 1ª e 2º estamos coa lectura de 'Dragal. A herdanza do dragón', de Elena Gallego Abad. Xa o comenzamos a disfrutar e aquí tendes un breve vídeo dun anaquiño dunha das sesións do club comentando os primeiros capítulos ao sol da primavera de Touro,
 

E seguiremos falando, claro...
 
E cos maiores? Pois con eles vamos comenzar co misterio que Agatha Christie- a prolífica escritora inglesa-  nos ten preparado na novela 'A rateira'. Na pasada sesión falamos do éxito das ininterrumpidas representacións teatrais desta novela no West End de Londres e noutros escenarios do mundo e vimos tamén e comentamos un vídeo sobre a biografía da autora e os misterios da súa desaparición. Queredes velo? Mirade mirade...

 
 Xa vos contaremos noutra entrada como vamos coas pesquisas detectivescas... Ah, e a semana que ven nos vos esquezades de volver  por aquí; teremos una sorpresa que estamos a preparar relacionada coa lectura anterior, "Bajo la misma estrella". Deica entón!  
 
Saúdos de Lectouriña!
 

Día do Libro 2016


Ola!

Como non podía ser menos, no colexio celebramos o Día do Libro por todo o grande, con proposta de lecturas por parte do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística, e actividades varias organizadas polo Equipo de Dinamización da Biblioteca. O resultado podedes velo aquí en imaxes e en vídeos. Esperamos que vos gusten.

Aquí están, por exemplo, os rapaces e rapazas de 1º ESO lendo un fragmento de 'Memorias dun neno labrego', de Xosé Neira Vilas. Poñede os altavoces a todo volume para poder escoitalos ben...

 
E aquí o vídeo-resumo da exposición que se fixo na biblioteca cos libros traídos por profesoras e profesores do Centro: libros de valor pola súa antigüedade, exemplares de gran valor polo vencello afectivo con eles por motivos varios, libros curiosos, libros raros,... libros e máis libros! 
 
 
Tamén fixemos un vídeo para amosar as pequenas exposicións- Partes do libro, Historia do libro, Literatura universal-  e os elementos literarios cos que decoramos o colexio nestas datas...
 
 
E por último a presentación cos gañadores e gañadoras dos Premios Mellores lectour@s deste curso 205/2016. Noraboa!! A biblioteca púxose de festa...
 
 
 
Como vedes foi unha semana moi completa e chea de actividade. E é que no CPI Fonte-Díaz de Touro... encántannos os libros e a lectura!   
 
Saúdos de Lectouriña!

@s lectour@s opinan sobre 'O misterio das badaladas'...

Xa vos contamos que o trimestre pasado un dos grupos do Club de Lectura estivo lendo e disfrutando 'O misterio das badaladas'. Queredes coñecer as súas impresións sobre esta lectura? Sí? Pois aquí as tendes...

 
  
Sáudos de Lectouriña!

Ler na primavera, boa idea!


A primavera chegou a nosa bilbioteca... cargada de novas e engaiolantes lecturas.
Achégate!!

E mirade, se hasta a nosa querida mascota se vestiu para a ocasión...
A primavera a Lectoruiña altera!