Ler é... soñar



Serpe de libros


Coas vosas propostas sobre aqueles libros que máis vos gustaron fixemos a serpe que podedes ver dirixíndose sinuosa cara á Biblioteca. É a serpe das tentacións, a serpe dos libros máis atraíntes para vós. Vamos a facer un rápido recorrido por ela neste video, parécevos?

Libros ilustrados (1)


Amosámosvos aquí algúns dos libros ilustrados que tivemos expostos na Biblioteca e que, aínda que xa colocados nas estanterías, seguen a vosa disposición. Auténticas xoias... 



 

 
 







 



Xa sabedes, están agardando por vós...
 
 
 

Evolucionando con Calpurnia Tate

 
Estamos, aquí nos vedes, coa lectura de A evolución de Calpurnia Tate. E somos testigos casi presenciais da súa evolución na relación co seu avó, dos cambios nas relecións cos seus irmáns e o espertar do seu interese pola ciencia, pola observación e a invetigación. Un mundo novo a descubrir ábrese ante ela. Pero, caramba, parece que polo feito de ser unha rapaza as cousas pónselle algo difíciles... 
 


Esquencemos amosar os cadernos do Club deste curso! Velaiquí están. Son ou non son bonitos?...



E lembrade que aínda quedan uns días para poder votar o mellor booktrailer de A evolución de Calpurnia Tate. Podedes velos AQUÍ...

Coñecendo a Escarlatina, a cociñeira defunta


Pero que ben o estamos a pasar con este Román e con Escarlatina, verdade? E a de novas receitas que estamos a aprender... Xa estamos a piques de rematar a lectura desta entretida e divertida historia. Pero quédannos mois bos recordos destes encontros. Mirade, mirade...


 








A pizza de preguntas, por certo, deliciosa. Demos boa conta dela...



Celebrando o Samaín na Biblioteca

Neste outono que xa vai rematando estivemos, como xa sabedes, a voltas coa biblioteca. E seguimos... E alá por novembro tocounos pasar algo de medo no Samaín, recordades?  Deixámosvos algunhas fotiños coa decoración e as suxestións para a ocasión. A ver se vos gustan...








Esperámosvos- lendo, por suposto-  na seguinte entrada...

Booktrailers. 'A evolución de Calpurnia Tate'

O Club de lectura, Lectour@s, púxose en marcha xa fai unhas sesións pero, si vos son sincera, como andamos moi liadas coas reformas na biblioteca, non tivemos moito tempo de subir aquí fotos e actividades das reunións dos dous clubes de lectura. Pero esta inactividade acabouse. Esto ponse en marcha dende  xa! Para ir abrindo boca déixovos cinco booktrailers da lectura que estamos a facer cos maiores, 'A evolución de Calpurnia Tate'. Por certo, como nos gusta esta rapariga, verdade?  Aí van os booktrailers... Están en inglés pero non creo que eso vos supoña ningún problema.  E non vos vaiades sen votar no lateral dereito (vedes a enquisa?) o que máis vos guste dos cinco. A ver cal deles gaña..
 
1.-
 
 
2.-
 
 
3.-  
 
 
4.-

 
 
5.-
 


EDITADO: Finalmente foron 14 os votos emitidos e o booktrailer gañador, con máis do 70 % dos votos, foi.... o número 2. Grazas por participar!

 

'Mecanoscrito da segunda orixe', de Manuel de Pedrolo (1)




Hoxe xuntámonos xa por segunda vez na biblioteca do centro para charlar sobre o libro que temos entre mans, 'Mecanoscrito da segunda orixe'. Trala entrega na primeira sesión das libretas de notas e os correspondentes exemplares do libro, de falar un pouco do autor e expoñer entre todos, coa axuda de imáxenes, o que entendemos por ciencia-ficción, nesta segunda xuntanza analizamos os dous primeiros cadernos: o Caderno da destrucción e da salvación e o Caderno do medo e do estrano. Lástima do pouco tempo co que contamos porque a historia de Alba, a valente protagonista, e de Dídac, necesita unha análise máis polo muido que veremos de facer en sucesivas reunións. 

Agora, o Caderno da saída e da conservación e o Caderno da viaxe e do amor agardan por nós.

Para aqueles de vos que pasades polo blog e nos líchedes esta novela deixámosvos a sinopsis, por se vos animades,
" 'Mecanoscrito da segunda orixe' conta a historia de Alba e Dídac, dous rapaces que sobreviven a unha catástrofe que fai do mundo un lugar desolado e infernal. Desde o espanto dos primeiros momentos, a parella irá evoluíndo e adaptándose ao novo contorno ata facer do amor o acontecemento central das súas vidas."
Aqueles de vos que queirades ir deixando as vosas opinións sobre o libro, sexades ou non membros deste Club, xa sabedes que estaremos encantados de que compartades con nós as vosas impresións. Eso sí, no deades información que poida estragar a lectura aos que aínda non remataron o libro. Grazas polas vosas aportacións. O blog aliméntase dos vosos comentarios...

Boa semana e boas lecturas!!


'O can dos Barkerville', de Arthur Conan Doyle



Pois si, amig@s, xa temos un cadáver agardando a que Sherlock Holmes faga as súas pesquisas. O intelixente detective e o seu leal amigo, o doutor Watson, son requeridos para investigar a morte, un tanto estraña de . Un pantano, un perigoso e misterioso can, unha herdanza... e nós xunto cos protagonistas intentando resolver o crimen. Contamos, como Holmes, cunha lupa, coas dotes de observación e... coa nosa intelixencia, verdade? 

Falamos  nesta segunda xuntaza do acontecido nos cinco primeiros capítulos. Vamos xa cos cinco seguintes para a próxima semana. Como estivemos vendo, o plantexamento do problema está xa feito: que sucedeu, onde, a quen,...; agora vamos co nudo, coa acción 'in situ'. Holmes trasládase dende a súa casa en Londres ata a  mansión dos Barkerville para levar a cabo de modo preciso, sen perder detalle, as pesquisas que lle leven a resolución do caso. Pero aínda hai moito que investigar ata daquela... 

Deixamos a sinopsis para quen non pertenza ó Club e non coñeza aínda a historia. Ó mellor anímase a ler o libro, quen sabe?
" 'O can dos Baskerville' é unha nova aventura de Sherlock Holmes na que o enigma, o elemento central da historia, presenta características realmente interesantes, porque ó feito criminal vén a sumárselle unha maldición, unha lenda familiar, que envolve todo nun ambiente misterioso e fantástico. O gradual desenvolvemento da acción vai levando cara a unha explicación sobrenatural dos feitos, ata que finalmente o labor do detective conclúe coa explicación natural e lóxica do crime e de toda a cadea de pequenas incógnitas que se nos foron presentando..."
Despedímonos xa ata a próxima xuntanza, a terceira xa, pero antes queremos recordarvos que será un placer, para nós e para todo o que se pase polo blog, poder ler os vosos comentarios. Así que non sexades tímidos e ide deixándonos aquí as vosas impresións do que ides lendo... Grazas!

Boa semana e boas lecturas!!

Volta ó club!!

                    
                                                    mecanoscrito da segunda orixe-manuel de pedrolo-9788482888149    

                                                                                                                    
Comenzamos un novo curso escolar e con el o noso Club de lectura ponse de novo en marcha. Este ano ademais coa particularidade de que celebraremos sesións distintas, con diferentes lecturas, para o alumnado de 1° e 2° ESO e para os de 3° e 4°. Por sorte, somos moitos @s lectour@s e é mellor organizarnos así. 

Os primeiros libros cos que empezaremos son 'O can dos Barkerville', de Sir Arthur Conan Doyle, e 'Mecanoscrito da segunda orixe', de Manuel de Pedrolo. Aventuras e misterio por un lado, da man de Sherlock Holmes e o seu inseparable Watson, e engaiolante ciencia-ficción polo outro. 

Boas historias que de seguro nos depararán moi gratas horas de lectura.


A por elas!!

Deica pronto, lectour@s!

 
Non foi malo, nada malo este ano no Club de lectura, a que non? Houbo, nas tres historias que compartimos, tenrura, algo de fantasía, aventura e viaxes, algún que outro enfado familiar (que quedou arranxado), risas, amizade, despedidas... Despedidas, por certo, como a que nós facemos hoxe dende aquí. Pero non é, nin moito menos, un adeus, é tan so un deica logo. No vindeiro curso volveremos a vernos e ler xuntos. @s de este ano e os novos amigos e amigos que se animen a acompañarnos. Virán moitas novas historias por contar. 
 
E non esquenzades á nosa amiga, a lectura, nestas vacacións... 
 
 
 
 

'Intercambio con un inglés', de Christine Nöstlinger


 
A lectura de 'Intercambio con un inglés' veu chea de sorpresas. Ademáis da entretida e engailonte historia que nos conta a su autora, Christine Nöstlinger, a presentación e actividades tiveron un toque moi British, xa me entendedes... 
 
Un placer ler xuntos as aventuras deste inglés un tanto peculiar, que ía de duro e ao final... Bueno, bueno, non vamos contar nada por se nos visita alguén que aínda non o liu. Todos poidemos aprender del e da súa familia de acollida ese verán.  Porque lemos e rimos e divertímonos pero tamén aprendemos das relacións familiares e persoais, a veces complicadas, dos vínculos de amizade e algo, tamén é verdade, non?, das relacións, digamos, románticas...
 
A derradeira lectura deste ano resultou todo un éxito! Gracias a vos, por suposto.