Hoxe queremos compartir unha das actividades do noso Biblionadal que quedou pendente, o Concurso das Portas da Historia. Cada curso decorou a súa porta da aula con referencias á historia e a pasada semana o xurado, composto polos voluntarios e voluntarias da biblioteca, pasou a valoralas para resolver o concurso. Os premios serán entregados o Día do libro. Parabéns a todos os cursos, fixestes un gran traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario