Día da amizade

 O alumnado de 4º de Infantil estivo a traballar, con motivo do Día do amor e a amizade, o mito de Cupido e Psique. Fixeron as súas frechas e unha coroa que decoraron con pegatinas e corazóns feitos coa pegada do dedo. Decoraron as fistras con vidrieiras de corazóns e tamén recreaton o cadro da Bailarina de Joan Miró-







Novidades

 Hoxe queremos compartir as novas incorporacións á nosa biblioteca, algunhas delas para adultos, todas moi interesantes. Agardámosvos na biblio!




Día da Muller e a Nena na Ciencia

 O día 11 de febreiro celébrase o Día da Muller e a Nena na Ciencia e, no noso cole, foron dúas as actividades que se levaron a cabo para conmemorar esta data tan sinalada:

  •  Contamos coa visita de Trémola teatro que nos representou, para o alumnado de Primaria a obra "Eu son de ciencias" para falarnos, de maneira moi lúdica, sobre mulleres científicas, os seus logros e que todos e todas temos a mesma posibilidade de elixir as carreiras de ciencias.




  •   Por outra banda, o alumnado de Secundaria gozou da conferencia "Ocultadas pero elementais: A diversidade na historia da Física" impartida por Cristina López Iribarnegaray, do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGAFE). O seu obxectivo foi dar a coñecer a historia de determinadas mulleres que, dende hai centos de anos, contribúen a que coñezamos mellor o universo. Así, falou de Marie Sklodowska-Curie, que é un nome de referencia cando falamos do papel feminino na historia da Física, pero á que a Academia tentou negarlle o Nobel por ser muller. Tamén do papel de Lise Meitner no descubrimento da fisión nuclear, que estivo infravalorado fronte aos laureis que recibiu Otto Hahn. Pero tamén se falou de outras figuras que foron ocultadas pola súa orientación sexual, como o caso de Alan Turing, pioneiro da computación e cuxa vida foi silenciada pola súa homosexualidade.






  • O venres 7 de febreiro visitounos a científica Nieves Vidal González, traballadora do CSIC no ábmito do cultivo in vitro de árbores. Realizou un obradoiro co alumnado de 5º de Primaria e de 1º da ESO baixo o título "Un bosque que colle na palma da man" co apoio do doutor neozlandés Bruce Christie.
  • Ao longo da mañá do martes 18 de febreiro o equipo do CiMUS (Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular y Enfermedades Crónicas) conformado poas investigadoras Jannette Rodríguez, Ana María Muñoz, Andrea López e Lucía Agustina García levaron a cabo a proposta "Elas son científicas! Inspirando e transformando o mundo". Consistiu na realización de diferentes obradoiros co alumnado de Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria onde falaron de ciencia, das mulleres científicas e realizaron diferentes experimentos e actividades adaptadas a cada grupo de idade.




































Día Escolar da Non Violencia e a Paz

  Este ano, Ano da Historia no noso centro, con motivo da celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, decidimos investigar sobre diferentes conflitos bélicos, presentes e pasados. Baixo o lema "Historia das guerras. Unha oportunidade para a paz", cada curso investigou sobre as causas e as consecuencias dunha guerra, realizou un mural e despois quedou exposto no corredor do comedor. O obxectivo é coñecer a historia coa esperanza de aprender dela e que non se repitan os mesmos erros.





















 Así mesmo, o alumnado de 4º de Infantil traballou o conto A miña mochila é da paz, contaron o conto, cantaron a canción e fixeron unha medalla pintando con rotulador en papel de aluminio e cun dispensador boraron auga, puxeron a medalla por encima e, maxia! Pintada!.
Tamén traballaron o poema:
A pomba branca quérenos ensinar,
que un mundo sen guerra
debemos acadar.
Tráenos ledicia, paz e amor
para que vivamos mellor!
Cada neno decorou a súa pomba coa súa poesía.








 En 5º de Infantil tamén realizaron unhas pombas, neste caso decoradas ao estilo de Joan Miró.