Un ano máis celebramos o día da poesía cun recitado dirixido aos residentes de “Los Tercios”, a residencia de maiores de Touro. O poema elixido foi “Rosaura e o mar” de Isabel Blanco.
Unha vez visualizado, dende a residencia fixéronnos chegar unhas agarimosas palabras, tanto da dirección como das traballadoras e dos residentes, para agradecer o traballo dos voluntarios e voluntarias e que todos gozaran do noso poema do mar.
Moitas grazas por esta fermosa acollida!
Ningún comentario:
Publicar un comentario