Visita Ledicia Costas

 O xoves, 23 de marzo, visitounos Ledicia Costas. Era unha visita que nos facía moita ilusión depois de ler no Club de lectura Lectour@s estivemos a ler "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta". Por outro lado, en 5º e 6º de primaria leron "Escarlatina, a cociñeira defunta". 

Así o anunciamos nas nosas redes sociais e polo colexio, xerando gran expectativa, pois os seus libros son dos máis emprestados na biblioteca.

 Debido a esas lecturas, decidimos decorar con plantas o espazo da charla e pedimos ao alumnado e ás súas familias que elaborasen algunha das receitas do libro de Escarlatina. A resposta superou as nosas expectativas e foron moitos os pratos que nos fixeron chegar, polo que damos as grazas a todas e a todos os que nos axudaron a preparar esta impresionante benvida!



 Algunhas voluntarias da biblioteca foron as encargadas de recibila e acompañala nun pequeno percorrido polo centro, mostrándolle, orgullosas, o espazo do club de lectura, os traballos realizados por parte do alumnado sobre o proxecto do mar e a biblioteca, antes de conducila a audiovisuais e mostrar todos os pratos que preparan, con gran agarimo, moitos alumnos e alumnas, coa axuda das súas familias.





 Unha vez en audiovisuais só nos quedou gozar da conversa con Ledicia, das súas anécdotas, do seu sentido do humor, da súa cercanía e da súa paciencia. Moi, realmente, unha experiencia inesquecíbel para todos, agardamos repetir moi pronto!








Ningún comentario:

Publicar un comentario