O día 8 de marzo, para celebrar o Día da muller, contamos con unha actividade moi especial. Amanda, ex alumna do centro, realizou uns obradoiros con todos os cursos, dende infantil ata secundaria.
No caso de Infantil e Primaria, a actividade consistiu nun contacontos, da súa invención, titulado "A cidade dos soños" e a presentación de tres mulleres, relacionadas co cine, que lograron so seus soños, pero que quedaron nas sombras, de aí as candeas e o xogo de sombras.: Alice Guy, primeira muller en dirixir un filme de máis de un minuto, Elisabeth Thuillier, quen abriu o seu propio estudio para por cor nas películas en branco e negro e Lotte Reiniger, pioneira no cine de animación. Serviu para falar dos roles de xénero, dos seus soños para o futuro e como se imaxinan que sería a cidade dos soños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario