Lectura de 'Rosa Caramelo' en Infantil


Traballando a igualdade desde ben pequeniños con Rosa Caramelo, a historia da elefantiña Margarita. Todas as elefantas da súa manada son de cor rosa, todas menos ela. Pronto descubrirá que as do seu sexo teñen prohibido facer cousas reservadas aos elefantes. Pero ela é rebelde e amosará ás súas compañeiras que a igualdade pódese conseguir. Unha bonita historia a de Margarita e un moi bo traballo o das profes de Infantil. Mirade o precioso mural que deseñaron...







Ningún comentario:

Publicar un comentario