Día da Muller e a Nena na Ciencia

 O día 11 de febreiro celébrase o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Na biblioteca quixemos recordar esta data cunha exposición de libros sobre científicas, para dar un pouco de visibilidade o seu labor, en moitos casos descoñecida e pouco recoñecida. Animádevos a pasar pola biblio e levar algún deles emprestado, xa sabedes onde estamos!



Novidades

 Hoxe queremos ensinarvos algunhas das últimas incorporacións ao noso catálogo, incluíndo algunha relacionada co Entroido. Así que, xa sabedes, si precisades lectura, pasádevos pola biblio, hai lecturas para todos os gustos, agardámosvos!




Os mandados de Dona Meca

  É tempo de Entroido e Dona Meca xa está preparada cos seus mandados. Neste Ano da Música, algúns deses mandados están relacionados con ela. Estamos desexando ver como vos deixades levar pola vosa imaxinación e a vosa creatividade! Agardamos que gocedes moito do Entroido!




Día Escolar da Non Violencia e a Paz

 O pasado venres, 30 de xaneiro, celebrouse o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e foron varias as actividades que se levaron a cabo no noso centro con motivo desta data tan sinalada.

  • O Acordeón da Paz: cada clase recibiu uns folios de cores, que decoraron con notas e instrumentos musicais, cos que realizaron a súa parte do acordeón. Unha vez recibidos todos, montouse un gran acordeón de cores.




  • Elaboramos uns prendedores, grazas ao Departamento de Tecnoloxía, encargado de preparar todo o material, tomando como base a ilustración de Isaac Díaz Pardo para o capítulo "O meu amigo" na novela "Memorias dun neno labrego", de Xosé Neira Vilas. Montouse na biblioteca unha mesa con todo o necesario para a elaboración dos prendedores, así como un texto explicando a historia do modelo elixido, e o día 30 todas as aulas, dende Infantil a Secundaria, pasaron pola biblio para elaborar os prendedores.


















  • O alumnado de 5º de Infantil uniu dúas linguaxes universais: a música e a paz. Con iso na mente decoraron conrazóns cun pentagrama coas súas notas e unha serie de valores baixo o lema " Dá a túa nota pola Paz".



  • Que cada nota conte para un mundo máis unido!